Álvaro Gago

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Álvaro Gago Díaz
Nacemento21 de xuño de 1986
 Vigo
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Vigo
Ocupacióndirector de cine
PremiosGran premio do xurado no Festival de Cine de Sundance
editar datos en Wikidata ]

Álvaro Gago Díaz, nado en Vigo o 21 de xuño de 1986,[1] é un cineasta galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 2008 licenciouse en Comunicación Audiovisual na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra, da Universidade de Vigo. No 2009 trasladouse a Chicago a estudar teatro. Un ano máis tarde mudou a súa residencia a Londres para proseguir os seus estudos de cinema na London Film School.

En xaneiro de 2018 acadou o premio do xurado no Festival de Cine de Sundance coa súa curtametraxe Matria.[2] E en maio do mesmo ano recibiu o premio do xurado á mellor curtametraxe de ficción no Festival de Cans.[3] Neste festival tamén conseguiu o premio do público á mellor curtametraxe e o premio especial do xurado dos veciños á mellor curtametraxe.

Obra[editar | editar a fonte]

  • Endless Chicago, filme documental, SD, 6’, 2008-2009, producido pola Universidade North Park (Chicago, EUA).
  • Doremi, curtametraxe, HD, 20’, 2010, producido por The Other Self (RU).
  • Curricán, curtametraxe, 16mm, 16’, 2013, coprodución Sombriza Films (España) & The London Film School (RU).
  • Bombolles, curtametraxe, HD, 2’, 2015, producido por Black Factory Cinema (España).
  • Matria, curtametraxe, HD, 20’, 2017, producido por Sombriza Films (España).[4]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Álvaro_Gago&oldid=5014318"