Ángel Durán Villanovo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ángel Durán Villanovo
Nacemento1859
 Cariño
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
editar datos en Wikidata ]

Ángel Durán Villanovo, nado en Feás (Cariño, daquela pertencente ao concello de Ortigueira) en 1859 e finado en 1939, foi un médico e empresario galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou Medicina na Universidade de Santiago de Compostela. Comezou a exercer como médico na súa vila natal. Doutorouse en Madrid en 1880, e puxo unha consulta na Coruña, no nº 113 da rúa de Santo André.

Como empresario investiu en negocios como unha fábrica téxtil de punto, que trasladou da Coruña a Viveiro. Tivo tamén serradoiros, muíños e unha central hidroeléctrica, primeiro para uso propio e despois para comercializar electricidade.

Foi un pioneiro dos novos medios de transporte. En 1878 adquiriu un velocípede para se mover polas parroquias da zona, considerado o o primeiro biciclo de Galicia[1]. Vendeu o velocípede ao italiano Attilio Pontanari. En 1898 mercou o primeiro coche que houbo na Coruña, un Benz Viktoria chegado á cidade en barco e coñecido como "o coche do demo"[2]. Ángel Durán tivo tamén unha empresa de transporte de viaxeiros e outra de construción de vehículos.

Foi antepasado do xurista Emilio Durán Corsanego.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. González Martín, X. (2007): 120 anos de ciclismo galego. Vigo, Editorial Galaxia, páx. 12. ISBN 9788471541161
  2. La Voz de Galicia, 8 de marzo de 1898.
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Ángel_Durán_Villanovo&oldid=4978637"