Ángela Portero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ángela Portero
Nacemento7 de marzo de 1966
 Santiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidad Central
Ocupaciónpresentadora de televisión
editar datos en Wikidata ]

Ángela Portero Capdevila, nada en Santiago de Compostela o 7 de marzo de 1966[1], é unha xornalista especializada na prensa do corazón e escritora galega en lingua castelá. Como profesional do xornalismo, está ligada principalmente ás cadeas de ámbito estatal Telecinco e Antena 3.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Santiago de Compostela mais medrou en Donostia. Dende alí trasladouse a Madrid cando chegou á Facultade de Ciencias da Información de Madrid. Estivo no Colexio Maior Padre Poveda de Madrid. Unha vez acabada a súa carreira, obtivo un máster en Comunicación de Masas na Universidade Carleton en Otava, no Canadá. Anos máis tarde, fundou coa xornalista Paloma García-Pelayo a Axencia Korpa.

Colaborou en programas de televisión como Salsa Rosa, A tu lado, Día a día, ¿Dónde estás corazón? ou Sábado Dolce Vita. En 2014 participou na segunda edición do talent show Mira quién salta. Máis tarde, empezou a colaborar no programa Sálvame semanalmente, en De buena ley esporadicamente e a ser redactora na revista Sálvame.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. ¿Quién es Ángela Portero?, en Libertad Digital o 4 de febreiro de 2015 (en castelán).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Ángela_Portero&oldid=5305689"