Úrvalsdeild Karla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Úrvalsdeild Karla
Fundación1912
RexiónIslandia Islandia
Equipos12
Actual campiónStjarnan
Máis laureadoKR Reiquiavik
TelevisiónSport Five, Sitöö 2 Sport
Sitio webhttp://www.ksi.is/

A Úrvalsdeild Karla (en galego, Liga Premier de Islandia ou Liga islandesa de fútbol) é a máxima categoría do fútbol profesional en Islandia. Está organizada pola Federación de Fútbol de Islandia e os seus equipos poden disputar torneos da UEFA. A competición dispútase entre a primavera e o verán a causa das condicións climatolóxicas do país. Actualmente é coñecida polo nome de Pepsideild karla polo patrocinio da bebida Pepsi.

Historia[editar | editar a fonte]

A primeira edición do torneo tivo lugar no ano 1912 como unha competición entre 3 clubs de Reiquiavik: o KR Reykjavik, o Fram e o ÍBV, resultando vencedor o KR Reykjávik. Os anos 1913 e 1914 o Fram proclamouse campión da competición sen ter disputado un só partido debido a que ningún outro equipo se presentou á competición. Posteriormente, o campionato foise ampliando a máis clubs. En 1955, con 6 clubs en Primeira, estableceuse un sistema de ascensos e descensos que dinamizaba o campionato, e en 1959 engadiuse ao sistema de liga regular partidos na casa e a domicilio, do mesmo xeito que se facía noutros países. A partir de 1964 os equipos islandeses poden entrar nas competicións europeas da UEFA.

A pesar de que o campionato se celebra dende 1912, foi en 1951 cando un equipo que non era de Reiquiavik gañou por primeira vez a Liga, sendo o ÍA Akranes, da cidade de Akranes.

Actualmente, e dende 2008, o campionato conta con 12 clubs e é totalmente profesional, aínda que algúns equipos teñen unha situación semi-profesional debido ao estado do fútbol en Islandia.

Sistema de competición[editar | editar a fonte]

O campionato o forman 12 clubs. Aínda que contou tradicionalmente con 10 equipos, este número foi ampliado a 12 na tempada 2008. Os equipos xogan dúas veces entre si ao longo da tempada, na casa e a domicilio. Ao final da tempada os dous últimos equipos descenden á 1. deild karla (Primeira División), sendo substituídos polos 2 primeiros desa categoría.

O campión da Liga participa na UEFA Champions League partindo dende a Primeira rolda de clasificación, mentres que o segundo e o campión da Copa xogan a UEFA Europa League a partir da rolda previa.

Equipos na tempada 2015[editar | editar a fonte]

Club Cidade Estadio Capacidade Tempadas Títulos Posto no 2014
Breiðablik UBK Kópavogur Kópavogsvöllur 2.501 30 1
FH Hafnarfjörður Kaplakriki 3.000 31 6
Fjölnir Reiquiavik Fjölnisvöllur 9.800 4 0
Fylkir Reiquiavik Fylkisvöllur 5.000 19 0
ÍA Akranes Akranesvöllur 6.000 64 18 2º (1.deild)
ÍBV Vestmannaeyjar Hásteinsvöllur 1.500 51 4 10º
Keflavík ÍF Keflavík Keflavíkurvöllur 6.200 51 4
KR Reykjavik Reiquiavik KR-völlur 6.000 101 26
Leiknir Reiquiavik Leiknisvöllur 1.025 1 0 1º (1.deild)
Stjarnan Garðabær Stjörnuvöllur 1.000 13 1
Valur Reiquiavik Vodafonevöllurinn 2.225 95 20
Vikingur Reiquiavik Vikingsvöllur 1.450 63 5

Palmarés[editar | editar a fonte]

  • 1912: KR Reykjavik (Reiquiavik)
  • 1913: Fram (Reiquiavik)
  • 1914: Fram (Reiquiavik)
  • 1915: Fram (Reiquiavik)
  • 1916: Fram (Reiquiavik)
  • 1917: Fram (Reiquiavik)
  • 1918: Fram (Reiquiavik)
  • 1919: KR Reykjavik (Reiquiavik)
  • 1920: Víkingur (Reiquiavik)
  • 1921: Fram (Reiquiavik)
  • 1922: Fram (Reiquiavik)
  • 1923: Fram (Reiquiavik)
  • 1924: Víkingur (Reiquiavik)
  • 1925: Fram (Reiquiavik)
  • 1926: KR Reykjavik (Reiquiavik)
  • 1927: KR Reykjavik (Reiquiavik)
  • 1928: KR Reykjavik (Reiquiavik)
  • 1929: KR Reykjavik (Reiquiavik)
  • 1930: Valur (Reiquiavik)
  • 1931: KR Reykjavik (Reiquiavik)
  • 1932: KR Reykjavik (Reiquiavik)
  • 1933: Valur (Reiquiavik)
  • 1934: KR Reykjavik (Reiquiavik)
  • 1935: Valur (Reiquiavik)
  • 1936: Valur (Reiquiavik)
 
  • 1937: Valur (Reiquiavik)
  • 1938: Valur (Reiquiavik)
  • 1939: Fram (Reiquiavik)
  • 1940: Valur (Reiquiavik)
  • 1941: KR Reykjavik (Reiquiavik)
  • 1942: Valur (Reiquiavik)
  • 1943: Valur (Reiquiavik)
  • 1944: Valur (Reiquiavik)
  • 1945: Valur (Reiquiavik)
  • 1946: Fram (Reiquiavik)
  • 1947: Fram (Reiquiavik)
  • 1948: KR Reykjavik (Reiquiavik)
  • 1949: KR Reykjavik (Reiquiavik)
  • 1950: KR Reykjavik (Reiquiavik)
  • 1951: ÍA Akranes (Akranes)
  • 1952: KR Reykjavik (Reiquiavik)
  • 1953: ÍA Akranes (Akranes)
  • 1954: ÍA Akranes (Akranes)
  • 1955: KR Reykjavik (Reiquiavik)
  • 1956: Valur (Reiquiavik)
  • 1957: ÍA Akranes (Akranes)
  • 1958: ÍA Akranes (Akranes)
  • 1959: KR Reykjavik (Reiquiavik)
  • 1960: ÍA Akranes (Akranes)
  • 1961: KR Reykjavik (Reiquiavik)
 
  • 1962: Fram (Reiquiavik)
  • 1963: KR Reykjavik (Reiquiavik)
  • 1964: ÍBK (Keflavík)
  • 1965: KR Reykjavik (Reiquiavik)
  • 1966: Valur (Reiquiavik)
  • 1967: Valur (Reiquiavik)
  • 1968: KR Reykjavik (Reiquiavik)
  • 1969: ÍBK (Keflavík)
  • 1970: ÍA Akranes (Akranes)
  • 1971: ÍBK (Keflavík)
  • 1972: Fram (Reiquiavik)
  • 1973: ÍBK (Keflavík)
  • 1974: ÍA Akranes (Akranes)
  • 1975: ÍA Akranes (Akranes)
  • 1976: Valur (Reiquiavik)
  • 1977: ÍA Akranes (Akranes)
  • 1978: Valur (Reiquiavik)
  • 1979: ÍBV (Vestmannaeyjar)
  • 1980: Valur (Reiquiavik)
  • 1981: Víkingur (Reiquiavik)
  • 1982: Víkingur (Reiquiavik)
  • 1983: ÍA Akranes (Akranes)
  • 1984: ÍA Akranes (Akranes)
  • 1985: Valur (Reiquiavik)
  • 1986: Fram (Reiquiavik)
 
  • 1987: Valur (Reiquiavik)
  • 1988: Fram (Reiquiavik)
  • 1989: KA (Akureyri)
  • 1990: Fram (Reiquiavik)
  • 1991: Víkingur (Reiquiavik)
  • 1992: ÍA Akranes (Akranes)
  • 1993: ÍA Akranes (Akranes)
  • 1994: ÍA Akranes (Akranes)
  • 1995: ÍA Akranes (Akranes)
  • 1996: ÍA Akranes (Akranes)
  • 1997: ÍBV (Vestmannaeyjar)
  • 1998: ÍBV (Vestmannaeyjar)
  • 1999: KR Reykjavik (Reiquiavik)
  • 2000: KR Reykjavik (Reiquiavik)
  • 2001: ÍA (Akranes)
  • 2002: KR Reykjavik (Reiquiavik)
  • 2003: KR Reykjavik (Reiquiavik)
  • 2004: FH Hafnarfjörður (Hafnarfjörður)
  • 2005: FH Hafnarfjörður (Hafnarfjörður)
  • 2006: FH Hafnarfjörður (Hafnarfjörður)
  • 2007: Valur (Reiquiavik)
  • 2008: FH Hafnarfjörður (Hafnarfjörður)
  • 2009: FH Hafnarfjörður (Hafnarfjörður)
  • 2010: Breiðablik UBK (Kópavogur)
  • 2011: KR Reykjavik (Reiquiavik)
  • 2012: FH Hafnarfjörður (Hafnarfjörður)
  • 2013: KR Reykjavik (Reiquiavik)
  • 2014: Stjarnan (Garðabær)

Campionatos por club[editar | editar a fonte]

Club Títulos Primeiro título Último título
KR Reykjavik 26 1912 2014
Valur 20 1930 2007
Akraness 18 1951 2001
Fram 18 1913 1990
Víkingur 5 1920 1991
FH 6 2004 2012
Keflavík FC 4 1964 1973
Íþróttabandalag Vestmannaeyja 3 1979 1998
Knattspyrnufélag Akureyrar 1 1989 1989
Breiðablik UBK 1 2010 2010
Stjarnan 1 2014 2014

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Úrvalsdeild_Karla&oldid=4813151"