A.C. Ordes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
A.C. Ordes
ACORDES hockey.svg
CidadeOrdes, Galicia Galicia
Historia2003
Fundado2003
PavillónPavillón Municipal Castelao (1.000)
PresidenteGalicia Maria Jesús García Prieto
AdestradorMarcos Rey
CompeticiónPrimeira Galega
Cores          Verde e azul
Sitio web
Sitio web oficial

O AC Ordes é un equipo de hóckey a patíns da localidade de Ordes (Galiza). O AC Ordes é o continuador do antigo Club Patín Ordes (desaparecido no 2003 ao pasar a formar parte do novo club), un club que competira varios anos na segunda categoría do hóckey a patíns español, a Primeira División Estatal, e que conseguira importantes logros en boa parte das súas categorías.

En abril de 2011 o AC Ordes conseguiu o ascenso á Primeira División, segunda categoría do hóckey a patíns español logo de superar na fase de ascenso do sector norte a FM Roller Oviedo (12-5), Real Club Josaleta (2-5) e San Antonio (7-3),[1] e deixou practicamente asegurado o ascenso logo da dobre xornada disputada o sábado 29 de abril.[2] Con todo o club renunciou por motivos económicos a competir na categoría logo de conseguir a permanencia ma tempada 2011-12.[3]

Xogadores[editar | editar a fonte]

2011-12[editar | editar a fonte]

  • Galicia "Tote"
  • Galicia Gonzalo Louro
  • Galicia Andrés García
  • Galicia Óscar Castro
  • Galicia Manuel Pérez

Adestrador: Marcos Rey

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Resultados y clasificación de las fases de ascensos de los Sectores Norte y Sur" (en castelán). Real Federación Española de Patinaxe. 30 de abril de 2011. Consultado o 13 de agosto de 2019. 
  2. "El CPP Raspeig y el AC Ordenes consiguen el ascenso a la Primera División Nacional" (en castelán). Real Federación Española de Patinaxe. 1 de maio de 2011. Consultado o 13 de agosto de 2019. 
  3. "El AC Órdenes renuncia a jugar en Primera por falta de dinero". La Voz de Galicia (en castelán). 18 de xullo de 2012. Consultado o 19 de xullo de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=A.C._Ordes&oldid=5222002"