Aegean Airlines

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Aegean Airlines
SX-DVO@DUS 04AUG12 (8353626288).jpg
IATA
A3
OACI
AEE
Indicativo
AEGEAN
Fundación1987 (como Aegean Aviation)
Inicio das operacións28 de maio de 1999
Plan de voo frecuenteMiles&Bonus
AlianzaStar Alliance Logo Star Alliance cropped.png
SubsidiariasOlympic Air
Frota44
Destinos81
Eslogan da compañíaΘέλω να πετάξω τώρα.
Quero voar agora.
SedeKifisia, Atenas
DirixentesTheodoros Vassilakis (presidente)
Páxina web: http://aegeanair.com/

Aegean Airlines SA (en grego: Αεροπορία Αιγαίου Α.Ε.) é a aeroliña grega máis grande en número de pasaxeiros transportados, en destinos e en tamaño de frota. É membro de Star Alliance dende xuño de 2010 e realiza voos regulares e chárter dende Atenas e Tesalónica a outros grandes destinos gregos, ademais de varios europeos. O seu principal centro de operacións é o aeroporto internacional de Atenas, cun centro secundario no aeroporto internacional de Tesalónica. Tamén usa outros seis aeroportos gregos como bases estacionais durante o verán. As súas oficinas principais atópanse en Kifisia, un suburbio de Atenas.

O 21 de outubro de 2012 Aegean Airlines anunciou que chegara a un acordo para mercar Olympic Air,[1] e a compra foi aprobada pola Comision Europea un ano despois, o 9 de outubro de 2013.[2] Ámbalas dúas aeroliñas continúan operando baixo marcas distintas. Ademais, Aegean Airlines participou nas fases finais da licitación para a privatización de Cyprus Airways, a aeroliña nacional de Chipre.[3] Tras a bancarrota de Cyprus Airways, Aegean Airways estableceu un centro de conexión no aeroporto de Larnaca, iniciando así voos regulares dende e cara a illa e enchendo o oco deixado polo peche da compañía chipriota.

Frota[editar | editar a fonte]

Aegean Airlines
Aeronave En servizo Ordes Opcións Pasaxeiros Notas
P C B E Total
Airbus A319-100 1 144
Airbus A320-200 35 4 168 Un coa librea da Star Alliance. Entregas 2015-2016.
Airbus A321-200 8 195
Total 44 4 0

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Air Transport World (ed.). "Aegean strikes deal to acquire Olympic Air". Consultado o 4 de xullo de 2015. 
  2. Reuters (ed.). "Aegean Airlines wins EU approval to buy Olympic Air". Consultado o 4 de xullo de 2015. 
  3. Ch-aviation (ed.). "Aegean, Ryanair asked to submit plans for Cyprus Airways". Consultado o 4 de xullo de 2015. 


Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Aegean_Airlines&oldid=4984494"