Aeroporto de Murcia-San Javier

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Aeroporto de Murcia-San Javier

San Javier Airport, Murcia, Spain, 15 Sept. 2011.jpg

IATA: MJV – ICAO: LELC
Sumario
Tipo Base aérea militar aberta ao tráfico civil
Propietario Exército do Aire
Cidade/Illa Murcia
Localización Santiago de la Ribera (San Javier)
Elevación (msnm) 9 metros / 28 pés
Coordenadas 37°46′44.60″N 0°48′13.76″O / 37.7790556, -0.8038222
Pista(s)
Dirección Longo Superficie
metros pés
05R/23L 2.320x45 7.546x148 asfalto
05L/23R 1.577x45 5.174x148 asfalto
Estatísticas (2018)
Número de pasaxeiros 1.273.424
Operacións 9.179
Carga (ton.) 0,08

O Aeroporto de Murcia-San Javier (IATA: MJV, OACI: LELC) é unha base aérea militar do Exército do Aire situada xunto ao mar Menor, na pedanía de Santiago de la Ribera, no concello de San Javier (Rexión de Murcia), a 50 quilómetros da cidade de Murcia.

Estivo aberta ao tráfico civil como aeroporto público xestionado por Aena ata o 15 de xaneiro de 2019, cando se inaugurou o Aeroporto Internacional da Rexión de Murcia.[1]

Historia[editar | editar a fonte]

O aeroporto ten a capacidade para recibir avións de mediano tamaño como un Boeing 757 ou un Airbus A300. Conta con dúas pistas, a principal é a 05 R/23 L e outra secundaria 05 L/05L/23R de menor lonxitude, aberta en 2011 e destinada en exclusiva a material L-26 Baruto da escola elemental de San Javier, co que a principal é utilizada por material L-25 Mirlo (CASA C-101) combinado con voos civís durante todo o día.

Foi remodelado para ser usado como aeroporto civil en 1995, ano no cal tivo un volume de 88.608 pasaxeiros. No ano 2004 a terminal recibiu unha ampliación de 1.100 metros, ademais de poñer en funcionamento novos equipos na zona de entrega de equipaxe. Cara a 2006 rematáronse as obras de remodelación e ampliación onde se habilitaron 8 mostradores máis quedando un total de 18, aumentouse o tamaño da zona de seguridade, inauguráronse unha cafetaría e tendas de duty free ademais de novos baños.[2]

En marzo de 2011 inaugurouse a segunda pista do aeroporto para que puidese operar como aeroporto civil as 24 horas ao día, tras un investimento duns 67 millóns de euros por parte da empresa estatal Aena.[3][4]

En xuño de 2011 o novo director do aeroporto de San Javier confirmou que Aena tiña previsto un plan de investimentos (como a ampliación da terminal de pasaxeiros) e que non se pecharía San Javier coa apertura de Corvera.[5]

Non obstante, ao quedar Aena como adxudicataria do novo Aeroporto Internacional, confirmouse que todas as operacións e o persoal serían trasladados de San Javier a Corvera, quedando San Javier para uso militar exclusivamente.[6][7]

O aeroporto pechou ao tráfico civil o 14 de xaneiro de 2019, debido á apertura o día seguinte do novo aeroporto de Corvera. O último voo foi operado por Ryanair entre San Javier e Manchester.[8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Verdad. "Aena iniciará os voos de Corvera o 15 de xaneiro do ano próximo". 
  2. spanish-airport-guide.com. "Información sobre o Aeroporto de Murcia". Consultado o 3 de maio de 2009. 
  3. Vocento, ed. (18 de marzo de 2011). "Inaugurada a segunda pista de San Javier, que competirá con Corvera". LaVerdad.es (en castelán). Consultado o 23 de agosto de 2011. 
  4. "O Aeroporto de San Javier estrea a súa segunda pista, que aumentará a capacidade de voos comerciais" (en castelán). Europa Press. 18 de marzo de 2011. Consultado o 23 de agosto de 2011. 
  5. LaVerdad.es (21 de xuño de 2011). Vocento, ed. "O novo director do aeroporto descarta o abandono de San Javier" (en castelán). Consultado o 23 de agosto de 2011. 
  6. La Verdad. "O aeropuerto de Corvera estará listo para operar en decembro". 
  7. El País. "Aena explotará durante 25 años el aeropuerto de Murcia ‘resucitado’". 
  8. La Verdad. "O presidente de Aena asistirá ao peche dos voos comerciais en San Javier". 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Aeroporto_de_Murcia-San_Javier&oldid=5051078"