Agüimes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 27°53′0″N 15°26′0″O / 27.88333, -15.43333

Agüimes
Bandera agüimes.png
Aguimes escudo.png
Templo Parroquial de San Sebastián.jpg
Igrexa parroquial de San Sebastián
Localización
Agüimes en Provincia das Palmas
Agüimes
Agüimes
PaísEspaña España
Comunidade autónomaCanarias Canarias
ProvinciaProvincia de Las Palmas - Bandera.svg As Palmas
IllaFlag of Gran Canaria.svg Gran Canaria
Xeografía
Altitude275 msnm
Superficie79,28 km²
Demografía
Poboación29 767 hab. (2011)
Densidade375,47 hab/km²
Xentilicioagüimense/lagartero
Outros datos
Código postal35480
AlcaldeAntonio Morales (Roque Aguayro-NC)
www.aguimes.es

Agüimes é un municipio español pertencente á provincia das Palmas, nas Illas Canarias. Está situado no sueste da illa de Gran Canaria. Posúe varios espazos naturais protexidos.

O municipio ten hoteis e casa de curto aloxamento para poder desenvolver o turismo rural, o que atrae varios centos de visitantes ao ano. Posúe tamén un polígono industrial (o de Arinaga) no que se aloxan máis de 700 empresas.

Historia[editar | editar a fonte]

Vista da vila de Agüimes

O Agüimes actual foi fundado en 1491 sobre un importante asentamento aborixe logo de terminada a conquista castelá de Gran Canaria. Foi creado como vila baixo señorío episcopal por orde dos Reis Católicos, e outorgado á Igrexa como compensación pola colaboración desta durante a conquista. O territorio agüimense alberga diversos asentamentos prehispánicos de grande importancia: o propio casco histórico de Agüimes, Guayadeque e Temisas.

A súa riqueza hídrica, grazas aos cursos de auga provenientes da conca do barranco de Guayadeque, permitiu tras a conquista os primeiros cultivos de cana de azucre. Máis modernas son as explotacións de tomate e cogombro na zona de Arinaga destinadas á exportación.

Do mesmo xeito que no resto do sueste de Gran Canaria, parte da poboación de Agüimes optou no pasado pola emigración a Cuba, Porto Rico e outros países de América. Actualmente é unha zona de inmigración, beneficiada polo auxe do turismo no sur da illa e doutras actividades de servizos. Hai que sinalar ademais a puxanza da zona industrial de Arinaga, en torno ao porto homónimo.

Localidades[editar | editar a fonte]

  • Cruce de Arinaga
  • Playa de Arinaga
  • Agüimes
  • Polígono de Arinaga
  • Montaña Los Vélez
  • Las Rosas
  • La Banda
  • Temisas
  • Llanos Prietos (Los Espinales)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Agüimes&oldid=5189739"