Agrupación Cultural Abrente

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

A Agrupación Cultural Abrente constitúese o 8 de novembro de 1969 en Ribadavia da man de José Luis Chao, Ernesto Chao, Carmen Escudero, Lucinda Rodríguez, Luisa del Carmen Escudero, Alejandro Álvarez, Francisco Javier Chao, Rita María García, Margarita Dávila e Manuel Lourenzo.

Contexto histórico[editar | editar a fonte]

Dende o ano 1939 España estaba somerxida nunha fonda ditadura que afectou fortemente ás culturas autonómicas. Xunto coa ditadura este panorama tamén contaba co contexto da Revolución dos caraveis (que dará fin á ditadura de Salazar) e o Maio do 68 (revolución estudantil de esquerdas en Francia). No tocante á literatura galega, especialmente no teatro, existe unha recuperación cultural a partir de 1950 que influirá na normalización teatral. Manuel Lourenzo, director do Grupo Teatral O Facho e cofundador do Teatro Circo renomeado posteriormente como Escola Dramática Galega, será a figura máis destacada do teatro nesta época, nacendo con él o chamado Teatro Independente.

A Asociación[editar | editar a fonte]

A constitución de Abrente foi aceptada polo gobernador civil de Ourense, o cal recibira unha carta de parte dun colectivo do pobo de Ribadavia -nomeados anteriormente-. Abrente tivo como presidentes a José Luis Chao, Alejandro Álvarez, Ernesto Chao, Rosa Álvarez, María del Pilar García e Laura Barea. A agrupación estaba formada por distintas seccións cada unha ao cargo dun vocal quen nomeaba os sete membros da correspondente comisión, que eran responsables das actividades de cada unha desas seccións (Conferencias, Literaria, Teatral, Cine- club, Artístico- musical e Deportes), as cales foron variando segundo os intereses e a dispoñibilidade dos socios.

Neste momento a lingua non gozaba dun bo auxe, ao igual que a cultura, polo que esta agrupación pretendía que o teatro galego funcionase como obxecto normalizador da lingua. Este é un dos principais obxectivos xunto coa promoción de toda clase de actividades culturais, primordialmente entre a xuventude e sen fins lucrativos, mediante a organización de conferencias, representacións teatrais, audicións musicais, proxeccións cinematográficas de cine- club, así como a práctica de deportes e en xeral a difusión da cultura na súas distintas manifestacións; tal e como se manifestaba no escrito dirixido ao gobernador.

A agrupación decidiu centrarse na promoción do teatro tras unha etapa de desánimo e desorientación; finalmente isto deu un obxectivo claro e un sinal de identidade a Abrente. Esta promoción viña dada pola creación das Mostras que comezaron no ano 1973 e foron consecutivas até 1980. Dende a I Mostra compróbase a variedade das representacións de teatro comezando polos autores máis clásicos, como Rafael Dieste, até os máis actuais, como Carlos Casares. As causas que motivaron o remate das Mostras de Abrente foron sen dúbida os cambios políticos do Estado e as novas actitudes que deste derivaron, a pesar de que anos máis tarde distintos protagonistas desta andaina deron diferentes versións deste cesamento.

Debates e cesamento[editar | editar a fonte]

Os debates foron outro dos puntos fortes da agrupación cultural que eran levados a cabo ao remate de cada representación. A eles acudía xente de toda Galiza procurando un lugar no que expresarse libremente; mais a pesar disto Abrente estivo moi sometido á opresión e á censura daquela época. Isto déixase ver por exemplo na aprobación do xantar enxebre ou da celebración da fogueira de San Xoán. Así mesmo, isto tamén ocorría con algunhas das diferentes obras representadas nos diferentes guións de conferencias e incluso nas cancións.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Agrupación_Cultural_Abrente&oldid=4457758"