Agustín Fernando Muñoz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Agustín Fernando Muñoz
Agustín Fernando Muñoz Sánchez, duque de Riánsares.jpg
Nome completoAgustín Fernando Muñoz y Sánchez
Nacemento4 de maio de 1808
 Tarancón
Falecemento11 de setembro de 1873
 O Havre
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmilitar e político
CónxuxeMaría Cristina de Borbón-Dúas Sicilias
FillosMaria Amparo Muñoz e Bourbon, Agustín Muñoz, Duque de Tarancón e María Cristina Muñoz y Borbón
PremiosGran cruz da Lexión de Honor e Cabaleiro da Orde do Vélaro de Ouro
editar datos en Wikidata ]

Agustín Fernando Muñoz y Sánchez, Duque de Riánsares, nado en Tarancón o 4 de maio de 1808 e falecido no Le Havre o 13 de setembro de 1873, foi un militar español, segundo home da raíña e rexente María Cristina de Borbón-Dúas Sicilias.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Casou en segredo en matrimonio morganático o 28 de decembro de 1833 e tiveron sete fillos:

Agustín Muñoz Sánchez.jpg
  • María Amparo Muñoz, Condesa de Vista Alegre (1834 - 1864)
  • María de los Milagros Muñoz, Marquesa de Castillejo (1835 - 1903)
  • Agustín Muñoz, Duque de Tarancón (1837 - 1855)
  • Fernando Muñoz, Duque de Riánsares e Tarancón (1838 - 1910)
  • María Cristina Muñoz, Marquesa de Isabela (1840 - 1921)
  • Juan Muñoz, Conde do Recuerdo (29 agosto 1844 - 1863)
  • José Muñoz, Conde de García (21 decembro 1846 - 1863)

O casamento oficial celebraríase co expreso consentimento da raíña Isabel II (a súa fillastra) o 12 de outubro de 1844. En xuño de 1844 foi nomeado Grande de España e constituíuse o ducado de Riánsares para outorgarlle a el o título. Ao día seguinte da voda oficial era designado tenente xeneral e senador vitalicio. Sabela II concedeulle o Vélaro de Ouro. Adquiriu máis tarde o título de Marqués de San Agustín e, xa no ostracismo en Francia xunta a María Cristina, Luís Filipe I de Francia noméao Duque de Montmorot e outórgalle a Lexión de Honra.

Foi promotor de múltiples negocios e, xunto con María Cristina, crearían empresas adicadas ao ferrocarril no Principado de Asturias e na actual Comunidade Valenciana coas que gañou unha magna fortuna. Rexeitou a coroa de Ecuador, que as autoridades ecuatorianas pretendían instaurar.

Faleceu cinco anos antes que María Cristina na súa casa de Le Havre. Está soterrado no Santuario da Nosa Señora de Riánsares, en Tarancón.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • "Le Sang de Louis XIV", Domingos de Araújo Afonso e Outros, Braga, 1961, t. II.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Agustín_Fernando_Muñoz&oldid=4966433"