Agustín Iglesias Caunedo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Agustín Iglesias Caunedo
Agustín Iglesias Caunedo

Actualmente no cargo
Dende o 10 de xaneiro de 2012
Precedido por Gabino de Lorenzo
Sucedido por (actualmente no cargo)

28 de maio de 1995 – 25 de maio de 2003

Actualmente no cargo
Dende o 25 de maio de 2003

26 de maio de 1991 – 28 de maio de 1995

Datos persoais
Nacemento Oviedo, Principado de Asturias Asturias
Partido Partido Popular

Agustín Iglesias Caunedo, nado en Oviedo o 10 de febreiro de 1971, é un político asturiano do Partido Popular. Desde xaneiro de 2012 é o alcalde de Oviedo, cargo no que sucedeu a Gabino de Lorenzo,[1] ademais de secretario xeral do Partido Popular de Oviedo. Tamén ten o cargo de director de Ibermutuamur en Oviedo desde 1999, aínda que actualmente está en excedencia. É ademais vicepresidente segundo de Cajastur.[2]

Estudou nas escolas de San Pedro de los Arcos primeiro e no colexio Parque Infantil a continuación, antes de terminar o bacharelato no Colexio Loyola, onde estudaba cando se afiliou ás Novas Xeracións do Partido Popular con 16 anos. Matricoulse en Dereito na Universidade de Oviedo, pero aínda non se licenciou.[3]

Está divorciado de Isabel Pérez-Espinosa.[4]

Obtivo a súa primeira acta de concelleiro na primeira lexislatura de Gabino de Lorenzo. Entre os anos 1991 e 1995 foi concelleiro delegado de Xuventude, Emprego, Promoción Social e Mercados. Logo foi deputado da Xunta Xeral do Principado de Asturias, onde foi portavoz do Grupo Parlamentario Popular. En 2003 regresou ao Concello como edil de Orzamentos e Coordinación.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Neira, Susana (9 de xaneiro de 2012). "Caunedo 'hereda' hoy la Alcaldía de Oviedo con la marcha de De Lorenzo". El Comercio. Consultado o 22 de maio de 2013. 
  2. "Órganos de gobierno de Cajastur". Consultado o 22 de maio de 2013. 
  3. S. Naveros, Lucía (8 de xaneiro de 2011). "Un boy scout en la corte del rey Gabino". La Nueva España. Consultado o 22 de maio de 2013. 
  4. "ISABEL PÉREZ-ESPINOSA «NO VOY A ESCONDER A MI HIJO COMO ZP»". Arquivado dende o orixinal o 18 de xullo de 2012. Consultado o 18 de xullo de 2012. 
  5. Rey, Idoya (6 de xaneiro de 2012). "El paciente escudero". El Comercio. Consultado o 22 de maio de 2013. 
Predecesor:
Gabino de Lorenzo Ferrera
Escudo de Oviedo.svg
Alcalde de Oviedo

2012-actualidade
Sucesor:
No cargo
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Agustín_Iglesias_Caunedo&oldid=4843274"