Air Canada Rouge

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Air Canada Rouge
Air Canada Rouge logo.svg
IATA
RV
OACI
ROU
Indicativo
ROUGE
Fundacióndecembro de 2012
Inicio das operacións1 de xullo de 2013
Plan de voo frecuenteAeroplan
AlianzaStar Alliance Logo Star Alliance cropped.png (afiliada)
Frota49
Destinos49
Páxina web: https://flyrouge.com

Air Canada Rouge é unha aeroliña para destinos turísticos subsidiaria de Air Canada. A compañía está totalmente integrada na rede da súa empresa nai e de Air Canada Express, os voos véndense con números de voo de Air Canada pero aparecen como "operados por Air Canada Rouge" (de xeito semellante aos voos operados baixo a marca Air Canada Express). Rouge significa "vermello" en francés.

Historia[editar | editar a fonte]

A aeroliña creouse en decembro do ano 2012 e comezou a operar o 1 de xullo de 2013 como parte do Air Canada Leisure Group para competir máis eficientemente con Air Transat, Sunwing e WestJet no mercado das viaxes vacacionais, operando principalmente rutas a Europa o Caribe e os Estados Unidos. No momento do seu lanzamento tiña unha frota de catro avións, 2 Airbus A319 e 2 Boeing 767, transferidos da súa compañía nai. A súa frota aumentou ata os 28 avións en 18 meses e en agoto de 2017 contaba con 24 Boeing 767, 20 Airbus A319 e 5 Airbus A321.

O 24 de marzo de 2014 Air Canada anunciou plans para que Air Canada Rouge se expandise cara o oeste de Canadá, comezando esa mesma primavera para servir principalmente mercados de ocio dende Vancouver e Calgary cara Os Ánxeles, San Francisco, Las Vegas, Phoenix, Palm Springs, Honolulu, Maui e Anchorage.[1]

Frota[editar | editar a fonte]

En agosto de 2017 a frota de Air Canada Rouge estaba formada polos seguintes avións:[2]

Frota de Air Canada Rouge
Avión En servizo Pedidos Pasaxeiros[3] Notas
B E Total
Airbus A319-100 20 12 124 136
Airbus A321-200 5 16 184 200
Boeing 767-300ER 24 24 258 282
Total 49 0

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Newswire (ed.). "Air Canada rouge Expands to Western Canada". Consultado o 28 de setembro de 2017. 
  2. Canadian Civil Aircraft Register (ed.). "Frota de Air Canada Rouge". Consultado o 28 de setembro de 2017. 
  3. Air Canada (ed.). "Our Fleet". Consultado o 28 de setembro de 2017. 
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Air_Canada_Rouge&oldid=5239983"