Jules-Albert de Dion

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Albert de Dion")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Marqués Jules Félix Philippe Albert de Dion de Wandonne
De Dion stoomdriewieler.GIF
Nacemento9 de marzo de 1856
 Carquefou, Loira Atlántico, Francia
Falecemento19 de agosto de 1946
 París, Francia
NacionalidadeFrancesa
OcupaciónPioneiro da automoción
CónxuxeValentine Bouillant
editar datos en Wikidata ]
"Automóbil". Caricatura feita por Guth publicada en Vanity Fair en 1899.

O Marqués Jules Félix Philippe Albert de Dion de Wandonne, nado o 9 de marzo de 1856 e finado o 19 de agosto de 1946 foi un pioneiro francés da industria automobilística.

Vida[editar | editar a fonte]

Jules-Albert foi un herdeiro dunha importante familia da nobreza francesa, en 1901 sucedeu a seu pai Louis Albert William Joseph de Dion de Wandonne como conde e máis tarde marqués. Un "notorio duelista", tamén tiña paixón pola mecánica.[1] Xa tiña construído un modelo de máquina de vapor, cando, en 1881, viu unha na ventá dunha tenda e pensou en construír outra.[1] Os enxeñeiros, Georges Bouton e seu cuñado, Charles Trépardoux,[2] tiñan unha tenda en Léon onde fabricaban xoguetes tecnolóxicos.[1] Precisando diñeiro para o soño de Trépardoux dun coche a vapor, asociáronse con De Dion.[3]

Durante 1883 formaron a sociedade que sería a compañía automobilística De Dion-Bouton, a maior fábrica de automóbiles durante un tempo. Probaron con máquinas de vapor mariñas, pero logo fóronse ao coche de vapor, constituído por cintas para accionar as rodas dianteiras e guiado pola traseira. Esta máquina ardeu durante unhas probas. En 1884 construíron outra con rodas frontais direccionables e rodas traseiras tractoras. Desde o 2011, é o coche máis antigo que funciona, capaz de levar catro persoas a 38 mph.[2]

Comte de Dion participou co seu modelo en 1887, na "primeira competición motora de Europa",[2] idea de M. Paul Faussier, da revista ciclista Le Vélocipède Illustré.[2] Evidentemente, a promoción foi insuficiente, de Dion foi o único participante,[2] mais deu rematado a carreira.

O eixe de Dion (ou 'eixe morto') foi realmente inventado por Trépardoux, defensor do vapor, xusta antes de que abandonase a compañía pois esta estaba inventigando a combustión interna.[4]

En 1898 cofundou o Mondial de l'Automobile (Salón do Automóbil de París).

Morreu en 1946, aos 90 anos,[5] e está soterrado no cemiterio de Montparnasse en París. Hai unha placa de memorial na capela familiar en Wandonne, 3 km ao sur de Audincthun, no departamento do Paso de Calais.

Carreiras de coches[editar | editar a fonte]

As carreiras de coches comezaron en Francia como resultado directo do entusiamo co que o público francés acolleu o automóbil. [6] Os fabricantes estusiamáronse con elas debido á posibilidade de usalas como publicidade para vender os seus coches.[6] A primeira carreira tivo lugar o 22 de xullo de 1894 e foi organizada por Le Petit Journal, un xornal parisino. Discorría unha distancia duns 122 km entre París e Ruán. Esta foi gañada por de Dion, aínda que non foi premiado coa primeira praza pois o seu automóbil a vapor requiría un fogoneiro e os xuíces estimaron iso como fóra dos seus obxecticos.[7]

Caso Dreyfus[editar | editar a fonte]

As raíces tanto do Tour de Francia como de L'Auto (L'Équipe), un diario deportivo, poden ser emprazadas no caso Dreyfus e as accións e opinións ferventes de Dion sobre o tema.

As opinións foron intensas e houbo demostracións de tales por ambas partes no asunto. O historiador Eugen Weber describiu unha conflagración en 1899 na carreira de cabalos de Auteuil en París como "unha xolda política absurda" cando, entre outros sucesos, o presidente de Francia Émile Loubet foi golpeado na cabeza cun caxato brandido por de Dion.[8][9] Pasou 15 días no cárcere e foi multado con 100 francos,[9][10] e o seu comportamento foi duramente criticado por Le Vélo, o maior diario deportivo de Francia, e o seu editor pro-Dreyfus, Pierre Giffard. O resultado foi que de Dion retirou toda a súa publicidade do xornal,[11][12] e en 1900 liderou un grupo de ricos anti-Dreyfus, como Adolphe Clément ou Édouard Michelin, para fundar L'Auto-Velo e competir directamente con Le Velo, que por forza legal tivo que mudar o nome L'Auto, que á súa vez creou o Tour de Francia en 1903 para estimular a súa circulación.

L'Auto[editar | editar a fonte]

De Dion e Michelin estaban particularmente preocupados con Le Vélo, que informaba máis que de ciclismo, pois estaba financiadado por un dos seus rivais comercias, a compañía Darracq. De Dion cría que Le Vélo lle daba a Darracq demasiada atención e pouca a el. De Dion foi un home franco que xa escribira columnas para Le Figaro, Le Matin e outros. A súa riqueza permitíalle satisfacer os seus antollos, como fundar Le Nain Jaune ("O gnomo amarelo"), unha publicación quincenal que "non respondía a ningunha necesidade especial."[13]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,01,11,2 Wise, David Burgess, "De Dion: The Aristocrat and the Toymaker", in Ward, Ian, executive editor. The World of Automobiles (London: Orbis Publishing, 1974), Volume 5, p.510.
  2. 2,02,12,22,32,4 Georgano, G. N. Cars: Early and Vintage, 1886-1930. (London: Grange-Universal, 1990), p.27.
  3. Georgano, G. N. Cars: Early and Vintage, 1886-1930. (London: Grange-Universal, 1990), p.24 cap.
  4. Wise, David Burgess, "De Dion: The Aristocrat and the Toymaker", in Ward, Ian, executive editor. The World of Automobiles (London: Orbis Publishing, 1974), Volume 5, p.511.
  5. Wise, David Burgess, "De Dion: The Aristocrat and the Toymaker", in Ward, Ian, executive editor. The World of Automobiles (London: Orbis Publishing, 1974), Volume 5, p514
  6. 6,06,1 Rendall, Ivan (1995). The Chequered Flag. Weidenfeld and Nicolson. p. 10. ISBN 0-297-83550-5. 
  7. Rendall, Ivan (1995). The Chequered Flag. Weidenfeld and Nicolson. p. 12. ISBN 0-297-83550-5. 
  8. Marketing Michelin: advertising & cultural identity in twentieth-century France by Stephen L. Harp p.20
  9. 9,09,1 Weber, Eugen (2003), foreword to "Tour de France: 1903-2003", eds Dauncey, Hugh and Hare, Geoff, Routledge, USA, ISBN 978-0-7146-5362-4, p. xi
  10. Boeuf, Jean-Luc and Léonard, Yves (2003); La République de Tour de France, Seuil, France
  11. Boeuf, Jean-Luc, and Léonard, Yves (2003), La République du Tour de France, Seuil, France, p23
  12. Nicholson, Geoffrey (1991) Le Tour, the rise and rise of the Tour de France, Hodder and Stoughton, UK
  13. Le Naine Jaune

Erro no código da cita: A etiqueta <ref> co nome "Boeuf p23" definida en <references> non se utiliza no texto anterior.
Erro no código da cita: A etiqueta <ref> co nome "Georgano p27" definida en <references> non se utiliza no texto anterior.
Erro no código da cita: A etiqueta <ref> co nome "Georgano p24" definida en <references> non se utiliza no texto anterior.
Erro no código da cita: A etiqueta <ref> co nome "Weber pxi" definida en <references> non se utiliza no texto anterior.
Erro no código da cita: A etiqueta <ref> co nome "Wise p510" definida en <references> non se utiliza no texto anterior.
Erro no código da cita: A etiqueta <ref> co nome "Wise p511" definida en <references> non se utiliza no texto anterior.

Erro no código da cita: A etiqueta <ref> co nome "Wise p514" definida en <references> non se utiliza no texto anterior.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Georgano, G. N. Cars: Early and Vintage, 1886-1930. London: Grange-Universal, 1990 (reprints AB Nordbok 1985 edition).
  • Wise, David Burgess, "De Dion: The Aristocrat and the Toymaker", in Ward, Ian, executive editor. The World of Automobiles (London: Orbis Publishing, 1974), Volume 5, p. 510-4.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Jules-Albert_de_Dion&oldid=4992693"