Alberto Fabra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Alberto Fabra
Alberto Fabra
Alberto Fabra no peche de campaña de Castelló en novembro de 2011.

Actualmente no cargo
Dende o 28 de xullo de 2011
Vicepresidente Paula Sánchez de León (2011 - 2012)
José Císcar (2012 - actualidade)
Precedido por Francisco Camps

Actualmente no cargo
Dende o 20 de xullo de 2011
Precedido por Francisco Camps

15 de decembro de 2005 – 27 de xullo de 2011
Precedido por Jose Luis Gimeno
Sucedido por Alfonso Bataller Vicent

Actualmente no cargo
Desde o 14 de xuño de 2007

Datos persoais
Nacemento 6 de abril de 1964
Castelló de la Plana, País Valenciano
Partido Partido Popular (PP)
Cónxuxe/s Cristina Fortanet
Profesión Arquitecto técnico
Relixión Católico

Alberto Fabra Part, nado en Castelló de la Plana o 6 de abril de 1964, é un político español do Partido Popular, actual presidente da Generalitat Valenciana. Foi proposto para o cargo polo seu partido tras a dimisión de Francisco Camps o 20 de xullo de 2011.

Biografía[editar | editar a fonte]

Formación[editar | editar a fonte]

Alberto Fabra estudou no colexio público Herrero e no instituto Francisco Ribalta de Castelló de la Plana. En 1987 titulouse en Arquitectura técnica pola Universidad Politécnica de Valencia.

Concelleiro en Castelló de la Plana[editar | editar a fonte]

En 1982 afiliouse ás Novas Xeracións de Alianza Popular, partido liderado daquelas por Manuel Fraga, chegando a ser presidente local e provincial desta organización. Foi elixido concelleiro nas eleccións municipais de 1991.

O seu primeiro cargo no goberno municipal foi o de concelleiro de xuventude e medio ambiente. En 1993, asume a concellaría de obras e servizos públicos. Tras as eleccións municipais de 1999, é nomeado concelleiro de urbanismo.[1] Entre 1999 e 2005, foi primeiro tenente de alcalde, concelleiro de urbanismo e obras e portavoz do equipo municipal de goberno.

Alcalde de Castelló de la Plana[editar | editar a fonte]

En 2005 foi elixido alcalde de Castelló de la Plana tras a dimisión de Jose Luis Gimeno, manténdose no seu cargo tras as eleccións municipais de 2007 e as de 2011, grazas á maioría absoluta conseguida polo seu partido.

Deputado nas Cortes Valencianas[editar | editar a fonte]

Nas eleccións autonómicas de 2007 foi elixido deputado nas Cortes Valencianas, revalidando o cargo tamén nas de 2011.

Presidente do PPCV e da Comunidade Valenciana[editar | editar a fonte]

En novembre de 2009 Alberto Fabra foi nomeado coordinador xeral do Partido Popular da Comunidade Valenciana, un cargo de nova creación que se enmarcaba no proceso de renovación das estruturas internas como consecuencia do escándalo de corrupción política coñecido como caso Gürtel. O 20 de xullo de 2011 anunciouse que sería elixido Presidente da Generalitat Valenciana tras a dimisión de Francisco Camps.[2]

Vida privada[editar | editar a fonte]

Está casado con Cristina Fortanet Gómez e ten dous fillos.[1] Aínda que comparten apelido, Alberto non é familiar do ex-presidente da Deputación Provincial de Castelló, Carlos Fabra, segundo el mesmo negou en diversas ocasións.[3][4][5] Non obstante, segundo o Diccionario biográfico de políticos valencianos 1810-2005 (editado pola Deputación de Valencia e a UNED-Valencia) si que sería seu curmán.[6]

Predecesor:
José Luis Gimeno
Escut de Castelló ornamentat-2.svg
Alcalde de Castelló de la Plana

2005-2011
Sucesor:
Alfonso Bataller Vicent
Predecesor:
Francisco Camps
People's Party (Spain) Logo (2008-2015).svg
Presidente do PP da Comunidade Valenciana

2011-actualidade
Sucesor:
No cargo
Predecesor:
Francisco Camps
Escudo de la Comunidad Valenciana.svg
Presidente da Generalitat Valenciana

2011-actualidade
Sucesor:
No cargo

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,01,1 "El primer president de Castelló". El Periódico Mediterráneo (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 28 de xullo de 2012. Consultado o 21 de xullo de 2011. 
  2. "Alberto, president". El Periódico Mediterráneo. Arquivado dende o orixinal o 02 de xaneiro de 2013. Consultado o 21 de xullo de 2011. 
  3. ""Para fastidiar a Fabra digo que soy su hijo"". Público. Consultado o 22 de xullo de 2011. 
  4. "Alberto Fabra, alcalde de Castellón, será el nuevo presidente de la Generalitat y del PPCV". 20 minutos. Consultado o 22 de xullo de 2011. 
  5. "Astucia, discreción y don de la oportunidad". Levante-EMV. Consultado o 22 de xullo de 2011. 
  6. "Diccionario Biográfico de Políticos Valencianos" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de febreiro de 2006. Consultado o 14 de febreiro de 2006. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Alberto_Fabra&oldid=5262626"