Alberto Sánchez Pérez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Alberto Sánchez Pérez
Nacemento1895
 Toledo
Falecemento1962
 Moscova
SoterradoCemitério Vvedenskoye
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpintor e escultor
editar datos en Wikidata ]
El pueblo español tiene un camino que conduce a una estrella, copia da escultura de 1937, no Museo Raíña Sofía
Touros ibéricos, escultura no Museo de Escultura ó Aire Libre, no Paseo da Castellana, Madrid

Alberto Sánchez Pérez, nado en Toledo en 1895 e morto en Moscova, en 1962, foi un pintor e escultor español que seguiu os estilos cubista e surrealista.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Toledo en 1895, fillo dun panadeiro. En 1927 fundou con Benjamín Palencia a chamada Escola de Vallecas, que buscaba a súa inspiración en Castela. Deseñou os decorados da compañía teatral La Barraca, de Federico García Lorca. A partir de 1938 exiliuse a Moscova, a onde foi enviado polo Goberno da República para dar clases de debuxo ós meniños españois enviados a Rusia.

Despois de anos de inactividade artística, colaborou co ruso Grigori Kózintsev nos decorados da película Don Quijote (1957), cunha recreación espléndida dos pobos de A Mancha en plena Ucraína. Morreu en Moscú no ano 1962.

En 2002 foi homenaxeado no museo de Santa Cruz de Toledo, cunha exposición monográfica.

Obra[editar | editar a fonte]

Unha das súas obras máis coñecidas é a escultura chamada El pueblo español tiene un camino que conduce a una estrella, de doce metros de altura, construída en 1937 para a Exposición Internacional de París e que protagonizou, xunto ó Guernica de Picasso, o pavillón da República Española. A escultura destruíuse cando se desmantelou a Exposición, pero fíxose unha reprodución que hoxe está colocada ante a fachada principal do Museo Raíña Sofía, que conserva tamén as dúas maquetas que presentou para a Exposición de París. Existe outra copia, a escala reducida, na Praza de Barrionuevo, de Toledo.

Nos anos 1931-1932, Alberto Sánchez deseñou unha maqueta para o que tiña que ser unha gran escultura que pensaba colocar no outeiro de Almodóvar, en Vallecas (nos arredores de Madrid), como un símbolo da liberdade. A maqueta, en xeso, perdeuse durante a Guerra Civil, xunto a moitas outras obras do artista, e só se conservan algunhas fotografías que lle fixera o arquitecto Enrique Segarra. En 1957 recuperou ese proxecto e creou unha nova versión do monumento, pero tampouco conseguiu converter a maqueta en realidade:

"La historia es prosaica. Tenía una hernia discal que le impedía cargar peso y en uno de los traslados de casas la dejó detrás".
Alcaén Sánchez Sancha, fillo do escultor [1]

A maqueta, dividida en pezas soltas, quedou perdida entre caixas e maletas ata que a descubriu o fillo no fallado da súa casa de Moscova, despois da morte do escultor. Nesta ocasión puido ser reconstruída en bronce polo fundidor Eduardo Capa, e foi exposta ó público nunha exposición que na súa honra celebrou en 2010 a Comunidade de Madrid no Centro de Arte Dous de Maio, baixo o título "Monumento a los pájaros. Hito y mito".

"Es el único escultor del rayo, el único que graba el color de la madrugada, el único que ha hecho un monumento a los pájaros y una estatua al bramido".
Miguel Hernández [2]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Alberto_Sánchez_Pérez&oldid=4989555"