Alejandro Pérez Lugín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Alejandro Pérez Lugín
Alejandro Pérez Lugín 1915.jpg
Pérez Lugín cara a 1915
Nacemento22 de febreiro de 1870
 Madrid
Falecemento5 de setembro de 1926
 Acea de Ama
SoterradoCemiterio de Santo Amaro da Coruña
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónescritor, xornalista, director de cine e guionista
Coñecido/a porLa casa de la Troya
EstudosDereito
PremiosPremio Fastenrath
editar datos en Wikidata ]

Alejandro Pérez Lugín, nado en Madrid o 22 de febreiro de 1870 e finado en Acea de Ama (Culleredo) o 5 de setembro de 1926, foi un xornalista, escritor e cineasta español.[1] Estaba emparentado con Rosalía de Castro, xa que a súa avóa era irmá da nai de Rosalía.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Infancia e mocidade[editar | editar a fonte]

O seu nome completo era Alejandro María de las Mercedes Pedro Pérez García Lugín. Dende 1886, viviu en Santiago de Compostela, a cuxa universidade asistiu para realizar a carreira de Dereito. Durante a súa etapa universitaria comezou a colaborar en diversos diarios da cidade como O pensamento Galego.

En 1893 regresou a Madrid, onde comezou a traballar para a Dirección Xeral dos Rexistros e o Notariado, en varios ministerios, e varias empresas que lle obrigaron a percorrer España. Nunha destas viaxes, durante unha estancia en Valencia, contraeu matrimonio con Elvira Consuelo Sanz.

Xornalismo[editar | editar a fonte]

Alejandro Pérez Lugín, placa na Casa da Troya, Santiago de Compostela.

É coñecido sobre todo polos seus artigos periodísticos sobre o mundo taurino e pola súa novela Currito de la Cruz (1921) que tamén reflicte os seus coñecementos sobre o mundo da tauromaquia e foi moi popular nos anos seguintes á súa publicación. A novela foi levada ó cine en catro ocasións, a primeira destas dirixida polo mesmo Pérez Lugín e por Fernando Delgado de Lara. É unha das longametraxes máis antigas da cinematografía española. Outra das súas novelas máis coñecidas é La Casa de la Troya, na cal recrea a vida universitaria na Universidade de Santiago de Compostela, levada tamén ó cine en tres ocasións. Diversas obras súas foron publicadas tras a súa morte. Por exemplo, Arminda Moscoso, novela que se sitúa en Galicia e é publicada en Madrid en 1928, ordenada e rematada polo seu amigo Alfredo García Ramos; e A corredora e a Rúa, colección de contos rurais ambientados en Galicia, tamén publicada por García Ramos. Pérez Lugín deixara sen rematar La virgen del Rocio ya entró en Triana, que non foi publicada ata a aparición das súas obras completas en 1945.

Como xornalista traballou para moitos diarios, sendo especialmente coñecido en La Tribuna, e foi enviado especial á Guerra de Marrocos por El Debate.

Obras[editar | editar a fonte]

  • La Casa de la Troya (1915)
  • Currito de la Cruz (1921)
  • La corredora y la Ruia (1922)
  • Arminda Moscoso (póstuma, 1928)
  • La virgen del Rocio ya entró en Triana (póstuma, 1929)

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Alejandro_Pérez_Lugín&oldid=5319636"