Alfonso Polanco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Alfonso Polanco
Alfonso Polanco
Alfonso Polanco en 2011.

Actualmente no cargo
Dende o 11 de xuño de 2011
Precedido por Heliodoro Gallego

Datos persoais
Nacemento 29 de decembro de 1967 (51 anos)
Palencia, Castela e León
Partido Partido Popular

Alfonso Polanco Rebolleda, nado en Palencia o 29 de decembro de 1967, é un político español do Partido Popular, alcalde de Palencia desde xuño de 2011.[1]

É licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais, especializándose como técnico de auditoria e contabilidade do Ministerio de Facenda e traballando como funcionario do Estado. Ocupou diversos cargos técnicos dentro da Xunta de Castela e León.[2]

Alcalde de Palencia[editar | editar a fonte]

En 2011 Alfonso Polanco presentouse como candidato polo Partido Popular á alcaldía de Palencia despois de varios anos sendo un dos concelleiros na oposición. A lista que encabezaba conseguiu a maioría absoluta no consistorio con 21.335 votos e 14 concelleiros, desprazando da alcaldía a Heliodoro Gallego (PSOE) despois de 16 anos non consecutivos.[3]

Predecesor:
Heliodoro Gallego
Escudo heraldico de Palencia.svg
Alcalde de Palencia

2011-actualidade
Sucesor:
No cargo

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "El PP gobernará con mayoría absoluta en siete capitales y el PSOE en dos, si bien en Segovia con apoyo de IU". El Norte de Castilla. 10 de xuño de 2011. Consultado o 28 de maio de 2013. 
  2. Páxina persoal de Alfonso Polanco (ed.). "Curriculum". Consultado o 28 de maio de 2013. 
  3. "Alfonso Polanco, nuevo alcalde". Diario Palentino. 23 de maio de 2011. Consultado o 28 de maio de 2013. 
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Alfonso_Polanco&oldid=5101055"