Amando Suárez Couto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Amando Suárez Couto
Nacemento4 de maio de 1894
 Ribadeo
Falecemento14 de outubro de 1981
NacionalidadeEspaña
editar datos en Wikidata ]

Amando Suárez Couto, nado en Ribadeo o 4 de maio de 1894 e falecido o 14 de outubro de 1981, foi un pintor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou debuxo na Escola de Artes e Industrias de Madrid, comezando a súa obra polo estudo da paisaxe e as persoas de Galiza en obras como Romería de Sta. Cruz ou O Cego. Pasou logo en 1931 á influencia do postimpresionismo francés (O mineiro, Xogadores de xadrez). Despois da guerra civil española realizou outras obras que son consideradas de menor importancia. Tamén son mencionables as súas achegas no campo do debuxo e a ilustración, como os gravados en buxo que ilustran a obra Ribadeo Antiguo de Francisco Lanza. Realizou plumillas como O aforcado ou A morte do arlequín, nas que se observa o tratamento do claroscuro. Foi ilustrador de diversas revistas e director artístico da revista de artes e letras Orientaciones. Ten celebrado exposicións individuais en cidades como París, Buenos Aires, Madrid ou Barcelona.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Amando_Suárez_Couto&oldid=4843856"