Ana Romaní

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ana Romaní
Ana Romaní.jpg
Nacemento5 de agosto de 1962
 Noia
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritora, xornalista e poeta
editar datos en Wikidata ]

Ana Romaní Blanco, nada en Noia o 5 de agosto de 1962, é unha poeta e xornalista cultural galega, académica numeraria da Real Academia Galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Participou na creación da Asociación Cultural Catavento de Noia (1983) e da revista artesanal Carabela de Xiada (Noia, 1983). Entre 1985 e 1989 foi actriz de dobraxe. En 1988 realiza con Chema Gagino o programa de humor A Viborona en RNE-Radio Catro. En 1989 incorpórase á Radio Galega. Desde 1990 ata xullo de 2018 dirixe nesta emisora o programa Diario Cultural, de emisión diaria. Desde este programa promoveuse o libro-CD Narradio. 56 historias no ar, e desde o ano 2007 o Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico, entre outras iniciativas de fomento da experimentación de formatos na radio pública. Romaní mostrouse sempre clara defensora dun modelo de radio pública e galega.

Creo que os medios públicos de Galicia teñen pendente esa función de crear modelos propios de comunicación e información para un país, ir mais aló de ser medios de comunicación en galego, e crear modelos e paradigmas propios. Por outra banda, na base das miñas preocupacións profesionais está a visibilización da cultura en toda a súa amplitude, porque a cultura non é unha axenda de lecer nin un relato acelerado dunha sucesión de espectáculos sometido aos intereses do mercado ou doutra índole, que os hai.[1]

Deberían ser os medios galegos, modelos de información dun país, polo tanto deseños propios de parámetros informativos, de liñas de programación, de estruturas organizativas que garantan a súa independencia, desde un profundo coñecemento e análise da historia e o presente dun país, dunha cultura, do idioma no que é. Como todas e todos vostedes saben, pensar en galego vai moito máis alá da lingua de uso, supón unha perspectiva, unha posición, unha realidade. Somos idioma, non a súa tradución. [Do discurso de ingreso na Academia Galega].[2]

Canda a Antón Lopo fundou o Laboratorio de Indagacións Poéticas, no que crearon os espectáculos Ó outro extremo do paraíso (1997) e Lob*s (1999), e coordinaron A Boca Aberta. 1ª madrugada galega de espectáculos poeticos (2001). En 2002 realizou o recital Catro poetas suicidas. Intervención poética contra a levidade e A voz e o poema. Os periplos de Avilés de Taramancos, con Anxo Quintela.

Participou na creación da revista Festa da Palabra Silenciada e da asociación Mulleres Galegas na Comunicación (MUGACOM), constituída o 8 de marzo de 1997. Elabora con outras autoras o estudo Muller e Medios de Comunicación. Imaxe e Protagonismo. Forma parte da Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega. Escribiu as biografías de María Mariño, Belén Feliú e Xela Arias para o "Álbum de Mulleres".

En decembro de 2017 foi proposta, como candidata única, para ser elixida membro da Real Academia Galega[3], e foi elixida académica de número no pleno do 17 de marzo de 2018, para a cadeira que ocupou Xohana Torres[4]. O 6 de abril de 2019 formalizou o seu ingreso en Noia cun discurso sobre os seus referentes poéticos e os medios de comunicación, ao que respondeu a académica Margarita Ledo Andión.

En 2018, o mesmo ano no que se produce a polémica pola supresión do formato do Diario Cultural e a súa reconversión en cápsulas informativas, Ana Romaní ve recoñecido o seu longo labor co Premio Nacional de Xornalismo Cultural do Goberno de España.[5] Na acta o xurado motivou así a concesión do galardón:

pola súa longa traxectoria no xornalismo, o seu labor arreo na promoción da cultura e da radio con formatos propios, (...) pola súa visión do feminismo crítico e compromiso social.[6]

Obra[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

  • Palabra de mar, 1987, edición da autora, Santiago.
  • Das últimas mareas, 1994, Espiral Maior.
  • Arden, 1998, Espiral Maior.[7]
  • Love me tender. 24 pezas mínimas para unha caixa de música. Concello de Santiago, 2005. Edición bilingüe galego-catalán de Maria Antònia Massanet, na revista Lectora, 2011 [1]
  • Estremas, 2010, Galaxia.

Literatura infanto-xuvenil[editar | editar a fonte]

  • Marmelada de amoras (1997). Ed. Xunta de Galicia-RENFE-Caixa Galicia. Colección Nova 33, nº 18. Pontevedra. Ilustrador: Sergio Casas. 45 p. Rústica ilustrada. (con Xabier P. Docampo: O habanero)

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • "¿Autopoética?", Boletín Galego de Literatura, 15/16, 1996, p. 267-269.
  • "Mulleres do mar, o traballo nos marxes", Tempos novos, 4, 1997, p. 30-37. Con Begoña Caamaño.
  • "Entrevista con José Ángel Valente", Grial, 151, 2001, p. 421-427.
  • "Entrevista a Chus Pato: m-Talá, adeus á lírica", Dorna, 27, 2001, p. 11-114.
  • "As sólidas arquitecturas de Avilés de Taramancos", Alameda (Sociedade Liceo de Noia), 7, 2002, p. 36-37.
  • "A vella peneira a noite, de Xabier Cordal", Festa da palabra silenciada, 17, 2002, p. 87.
  • "As papoulas, o xardín e outros rubores ou sobre o anxo da casa e as literaturas : apuntamentos e outras retóricas sobre as mulleres e as literaturas", Escrita e mulleres : doce ensaios arredor de Virginia Woolf. Coord. Belén Fortes. Santiago de Compostela, Sotelo Blanco, 2003, p. 145-149.
  • "Antón Avilés de Taramancos, as horas luminosas", Avilés de Taramancos, homenaxe. Ed. Tucho Calvo. A Coruña, La Voz de Galicia, 2003, p. 19-25.
  • "Belén Feliú". Álbum de Mulleres, Consello da Cultura Galega, [2005].[2]
  • "María Mariño". Álbum de Mulleres, Consello da Cultura Galega, 2006.[3]
  • "María Mariño, terra de sin pisadas", Festa da palabra silenciada, 21, 2006, p. 29-31.
  • "Xela Arias". Álbum de Mulleres, Consello da Cultura Galega, 2006.[4]
  • "Prólogo", Caderno da Revolución Cultural, de Xavier Queipo, Bertamiráns, Laiovento, 2007.
  • "Lingua e cultura na radio : a experiencia do Diario cultural", Lingua e comunicación. IV Xornadas sobre lingua e usos. Ed. Xosé Ramón Freixeiro et al., Universidade da Coruña, 2008, p. 95-101.
  • "Cartografía Xohana Torres". Con Helena González Fernández e Mariám Mariño. Álbum de Mulleres, Consello da Cultura Galega, 2010.[5]
  • Táctil resonancia. Da derrota dun esplendoroso veleiro, as voces flotantes e os cantos das baleas. A Coruña: Real Academia Galega, 2019.[6]

Edicións[editar | editar a fonte]

  • Antoloxía, de Antón Avilés de Taramancos, 2003.
  • Coordinou o volume de relatos Narradio. 56 historias no ar, promovido polo Diario Cultural. Vigo: Xerais, 2003.
  • Avilés de Taramancos: fotobiografía sonora, Lugo, Ouvirmos, 2009. Con Martín Veiga e Rodrigo Romaní.

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • VII Festival da Poesia no Condado, 1987, S. C. D. Condado.
  • Festa da Palabra. An Anthology of Contemporany Galician Women Poets, 1988, American University Studies. A cargo de Kathleen N. March.
  • Queimar as meigas (Galicia: 50 años de poesía de mujer), 1988, Editorial Torremozas, Madrid.
  • Concurso Nacional de Poesía O Facho (1978-1989), 1990, Edicións do Castro.
  • XIII Festival da Poesia no Condado, 1993, S. C. D. Condado.
  • Oito e médio, 1993, Edicións do Dragón.
  • XIV Festival da Poesia no Condado, 1994, S. C. D. Condado.
  • Chineses, 1996, O Correo Galego.
  • Construír a paz, 1996, Xerais.
  • Daquelas que cantan. Rosalía na palabra de once escritoras galegas, 1997, Fundación Rosalía de Castro.
  • Para saír do século: nova proposta poética, 1997, Xerais. Edición de Teresa Seara e Luciano Rodríguez.
  • Alguén agarda que volva alí, 1998.
  • Mulher a fazer vento, 1998, Edições Tema.
  • Novas voces da poesía galega: recital, 2000, Consello da Cultura Galega.
  • A poesía é o gran milagre do mundo, 2001, PEN Clube de Galicia.
  • Alma de beiramar, 2003, Asociación de Escritores en Lingua Galega.
  • Antoloxía consultada da poesía galega 1976-2000, 2003, Tris Tram. Por Arturo Casas.
  • The EmLit Project. European Minority Literatures in Translation, 2003, Brunel University Press, Londres.
  • Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra, 2003, Espiral Maior.
  • Xela Arias, quedas en nós, 2004, Xerais.
  • Son de poesia, 2005, Edições Fluviais, Lisboa. Editado por Xoán Carlos Domínguez Alberte.
  • X. Espazo para un signo, 2005, Xerais.
  • Amor en feminino: antoloxía das poetas galegas de Rosalía á Xeración dos 80, 2006, Baía Edicións. Edición de Maximino Cacheiro Varela.
  • Cartafol poético para Alexandre Bóveda, 2006, Espiral Maior.
  • Polifonías: voces poéticas contra a violencia de xénero, 2006, Espiral Maior/Xunta de Galicia.
  • 20 Gedichte aus Galicien, 2007, Espiral Maior-Xunta de Galicia.
  • Dix-sept poètes galiciens 1975-2000. Dezasete poetas galegos 1975-2000, 2008, Universidade da Coruña.
  • Poetes gallecs d´avui (antologia), 2008, Llibres del segle.
  • Poetas con Rosalía. V, 2010, Fundación Rosalía de Castro.
  • To The Winds Our Sails, 2010, Salmon Poetry. Tradución do galego ao inglés.
  • XXV Festival da Poesia no Condado. Sem as mulheres nom há revoluçom, 2011, S. C. D. Condado.
  • Tamén navegar, 2011, Toxosoutos.

Premios[editar | editar a fonte]

Proxectos artísticos[editar | editar a fonte]

  • O Son da Pedra de Milladoiro.
  • Daquelas que cantan. Rosalía na palabra de once poetas galegas da Fundación Rosalía de Castro.
  • Son delas, coordinado por Uxía Senlle.
  • Ó outro extremo do paraíso, 1997, con Antón Lopo.
  • Lob*s, 1999, con Antón Lopo.
  • Arden e Lisboa, 2000, con Rodrigo Romaní.
  • Estalactitas (2002) con Anxos Romero e Lupe Gómez.
  • Catro poetas suicidas. Intervención poética contra a levidade (2002), en solitario.
  • A voz e o poema. Os periplos de Avilés de Taramancos con Anxo Quintela.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

É irmá do músico Rodrigo Romaní e filla de Ana Blanco Gómez, vinculada á directiva da Fundación Rosalía de Castro.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Ana Romaní: «A cultura non é unha axenda de lecer»". La Voz de Galicia. 2018-09-27. Consultado o 2019-04-18. 
  2. "Ana Romaní ingresa na Real Academia Galega reivindicando a escoita na creación poética e no xornalismo". Academia Galega. Consultado o 2019-04-18. 
  3. "Ana Romaní ocupará a cadeira de Xohana Torres na Real Academia Galega", artigo en Praza Pública, 16 de decembro de 2017.
  4. "Ana Romaní ocupará la vacante de la poeta Xohana Torres como académica". elidealgallego (en castelán). 
  5. Vizoso, Sonia (2018-10-11). "Premio a una periodista silenciada". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2019-04-18. 
  6. "Ana Romaní, 'Premio Nacional' de xornalismo cultural". Sermos Galiza. Consultado o 2018-09-26. 
  7. Vilavedra, Dolores, ed. (2000). Diccionario da Literatura Galega. Obras III. Galaxia. ISBN 84-8288-365-8. 
  8. "Ana Romaní é galardoada co Premio Nacional de Xornalismo Cultural". Cultura Galega. 25 de setembro de 2018. Consultado o 25 de setembro de 2018. 
  9. "Ana Romaní, Premio da MITEU de Ourense". Erregueté. 30 de abril de 2019. Consultado o 30 de abril de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Ana_Romaní&oldid=5240697"