Anastasio III, papa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Anastasio III
Pope Anastasius III.jpg
Anastasio III
Nacementovalor descoñecido e século VIIIxuliano
 Roma
Falecemento913
 Roma
SoterradoBasílica de San Pedro
Relixióncatolicismo
Ocupaciónsacerdote católico
Períodoentre o 911 e o 913
Coñecido/a porser o papa n° 120 da igrexa católica
OrganizaciónIgrexa católica
CargosBispo de Roma
editar datos en Wikidata ]

Anastasio III, nado en Roma e finado en xuño de 913, foi o papa n.º 120 da Igrexa católica de 911 a 913.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Segundo papa do período coñecido como "pornocracia", foi elixido grazas ao apoio de Teofilacto I, a súa esposa Teodora e a filla de ambos, Marozia, sendo practicamente un monicreque en mans desta familia.

Durante o seu pontificado os viquingos asentáronse na zona da actual Normandía obtendo o seu xefe Rollón o recoñecemento, por parte de Carlos o Simple, como lexítimo gobernante do territorio e a man da súa filla Xisela. O devandito territorio pasou a denominarse "o ducado dos homes de norte" (Nortmannia) de onde provén o actual nome de Normandía. Rollón converteuse ao cristianismo e foi bautizado como Roberto.

Á parte deste acontecemento non se deu durante o seu papado ningún outro de relevancia histórica.

Anastasio III faleceu ao parecer asasinado por orde de Teofilacto, en xuño de 913.

Predecesor:
Serxio III
Emblem of the Papacy SE.svg
Papa

911913
Sucesor:
Lando

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Anastasio_III,_papa&oldid=4657941"