Andeca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Andeca
Falecemento585
 Beja
Ocupaciónmonarca
editar datos en Wikidata ]

Andeca ou Audeca gobernou o reino de Galicia entre os anos 584 e 585[1][2], sendo o derradeiro monarca suevo que tivo Galicia. Tras o seu destronamento, o monarca visigodo Leovixildo logrou anexionarase o Galliciense Regnum.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ripáralle o trono ao seu predecesor Eurico, a quen enclaustrou nun mosteiro e casou coa súa muller coa fin de garantir a continuidade de sangue. Co gallo de mediar na desavinza dinástica, Leovixildo internouse en Galicia cos seus exércitos e, tras derrotalo, saqueou a capital (Braga), fíxose co tesouro real e anexionouse o Reino Suevo de Galicia.

Esta volvía á fe ariana na súa caste dirixente e ficaba convertida nunha unidade gobernativa e xurisdicional da monarquía visigoda de Hispania ao mando dun dux; este cargo será exercido en varias ocasións por fillos de monarcas que gobernaron a antigo territorio suevo a título de rei (Wamba, Vitiza). Andeca tamén foi obrigado a ingresar nun mosteiro, mais a nobreza que o aupara non semella que perdera, na nova dependencia política, o seu dominio territorial.

A crónica biclarense descualifícao como tirano ao non recoñecer a licitude da súa toma do poder e responsabilizalo da disputa que abriu as portas ao, tamén deostado pola crónica, rei Leovixildo.

Tentativa de independencia[editar | editar a fonte]

Tras o destronamento de Andeca por parte dos visigodos, un nobre de liñaxe real, descendente do rei Miro chamado Malarico, encabezou unha rebelión para liberar o reino de Galicia das mans visigodas. A forte presenza militar visigoda no reino acabaría coa revolta no ano 586 e Malarico, sería apresado pouco antes da morte de Leovixildo.

A finais do século XIX o historiador Benito Vicetto transcribiu o seu nome Andeca ou Audeca como Xandeza ou Xan Deza, relacionando a raíz etimolóxica deste nome coa comarca do Deza.[Cómpre referencia]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Andeca
Descoñecida
Nacemento: ? Falecemento: ?


Títulos Reais
Precedido por
Eborico


Rei de Galicia
584–585
Sucedido  por
Leovixildo
Invade o reino
e faise co seu goberno
  1. de Tours, Gregorio. Historia Francorum 6. p. 43. Audica, (...) Galliciensim regnum obtenuit. 
  2. Biclarensis, Iohannes (584). Chronicon. Audeca in Gallaecia Suevorum regnum 
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Andeca&oldid=5279342"