Andreu Martín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Andreu Martín
Andreu Martín.jpg
Nacemento9 de maio de 1949
 Barcelona
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Barcelona
Ocupaciónescritor, escritor de literatura infantil e guionista
Coñecido/a porPor amor al arte, Flanagan e sen etiquetar
PremiosPremio Sant Joan de narrativa, Premio Nacional de Literatura infantil e xuvenil de España e Premio Hammett
editar datos en Wikidata ]
Andreu Martín.

Andreu Martín Farrero, nado en Barcelona o 9 de maio de 1949, é un escritor e guionista catalán.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou psicoloxía pero adicouse a facer guións no teatro, no cine e, case sempre, no mundo dos cómics. Dirixiu un filme no ano 1990, Sauna. Coñecido sobre todo por ser autor de novela negra (de feito na actualidade é presidente da Asociación Internacional de Escritores Policíacos), onde obtivo varios premios:

  • Premio Círculo del Crimen (1980) pola obra Prótesis
  • Premio Alfa (1986) pola obra El día menos pensado
  • Premio Hammett da Asociación Internacional de Escritores Policíacos (1989) por Barcelona Connection.

Xunto a Jaume Ribera escribiu dúas sagas detectivescas: a protagonizada polo detective adolescente Flanagan, e a protagonizada por Àngel Esquius, composta por catro novelas: Amb els morts no s'hi juga (2003), Joc de claus (2004), La monja que va perdre el cap (2005) e Si cal matar matem (2010).

Outras das súas obras son Història de mort (1988), Amores que matan, ¿y qué? (1991), Bellíssimes persones (2000), Barcelona tràgica (2009, ambientada na Semana Tráxica de 1909) e Societat Negra (2011).

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Andreu_Martín&oldid=4627610"