Anita Delgado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Anita Delgado
Anita Delgado Briones.jpg
Nome completoAnita Delgado Briones
Nacemento8 de febreiro de 1890
 Málaga
Falecemento7 de xullo de 1962
 Madrid
CausaDoenza cardiovascular
Soterradacemiterio de San Xusto
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónbailarina
Ana de kapurtala.jpg
editar datos en Wikidata ]

Anita Delgado Briones, nada o 8 de febreiro de 1890 en Málaga e finada o 7 de xullo de 1962 en Madrid, foi unha bailaora e cantaora andaluza.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ao pouco de facer os 16 anos, a súa familia emigrou a Madrid, onde actuaría en cafés coa súa irmá Victoria, baixo o nome artístico de "Las Camelias". Os pintores Julio Romero de Torres e Ricardo Baroja pedíronlle pousar como modelo para eles, mais Anita rexeitou a oferta por ter apenas 16 anos.

O Maharaxá Sir Jagatjit Singh Bahadur de Kapurthala, que estaba en Madrid como convidado á voda do rei Alfonso XIII, asistiu á súa actuación nun café-concerto. Tentou cortexala, mais ela rexeitou os seus avances e desistiu despois do atentado anarquista de Mateo Morral contra a parella real o 31 de maio de 1906. Máis tarde porén, os seus amigos Romero de Torres, Ramón del Valle-Inclán e Pastora Imperio persuadírona de responder as súas mensaxes e reencontrarense en París.

El facilitoulle unha educación, mesmo aprendéndolle francés e inglés. Casou con ela en Kapurthala o 28 de xaneiro de 1908 polo rito sikh. Logo do casamento, ela adoptou o nome de Maharani Prem Kumari. Pouco despois, o 26 de abril de 1908, naceu o seu primeiro fillo co Maharaxá, Maharajkumar Ajit Singh, quen sería educado na Universidade de Cambridge e na Academia Militar Dehra Dun, para chegar a ser Asistente do Comisario de Comercio Indio na Arxentina antes de morrer en 1982. Posteriormente viaxarían por Europa e a India. Ela escribiu un libro sobre esta época intitulado "Impresiones de mis viajes a las Indias". Durante a 1° Guerra Mundial o seu home traballaría en hospitais británicos e franceses.

Cando separaron en 1925, Anita ficou en París co fillo. Finou o 7 de xullo de 1962 en Madrid.

No cinema[editar | editar a fonte]

Major-General H.H. Farzand-i-Dilband Rasikh- al-Iqtidad-i-Daulat-i-Inglishia, Raja-i-Rajagan, Maharaja Sir Jagatjit Singh, Bahadur, Maharaja of Kapurthala, GCSI , GCIE , GBE

Había un proxecto para que no 2006 se comezase a rolar un filme sobre a vida de Anita co título La princesa de Kapurthala protagonizada por Penélope Cruz.

Porén, un bisneto de Jagatjit Singh, Tika Shatrujit Singh, opúxose á rodaxe, pois consideraba que a novela de Javier Moro, na que se baseaba o filme, distorsionaba a verdade, especialmente ao respecto dun presunto aborto ao que o Maharaxá a obrigara a se someter.[1]

Na Literatura[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Cárdenes, Ana (7 de setembro de 2006). "Los maharajás de Kapurthala se querellarán contra un proyecto cinematográfico de Penélope Cruz". elmundo.es (en castelán). Consultado o 22 de agosto de 2018. .

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Anita_Delgado&oldid=4960012"