Antonio Mercero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Antonio Mercero
Antonio Mercero (2007).jpg
Nome completoAntonio Mercero Juldain
Nacemento7 de marzo de 1936
 Lasarte-Oria
Falecemento12 de maio de 2018
 Madrid
CausaAlzhéimer
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Valladolid
Ocupacióndirector de cine e guionista
FillosAntonio Santos Mercero e Ignacio Mercero
PremiosPremio Goya de honra e Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes
editar datos en Wikidata ]

Antonio Mercero, nado en Lasarte-Oria o 7 de marzo de 1936 e finado en Madrid o 12 de maio de 2018,[1] foi un director e guionista de cine e televisión de orixe vasca.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Lasarte-Oria, Guipúscoa. Licénciase en Dereito na Universidade de Valladolid en 1958 e obtén o título de Director de cine na Escola Oficial de Cine de Madrid en 1962. Debutou profesionalmente ese mesmo ano coa curtametraxe Lección de arte, coa que conseguiu o seu primeiro premio no Festival de San Sebastián. En 1963 dirixe a súa primeira longametraxe Se necesita un chico, presentada no Festival de Bordighera (Italia) e de 1966 a 1970 roda varios documentais para televisión.

Cabe salientar a súa película La cabina con José Luis López Vázquez en 1972. En 1970 comeza a realizar en TVE programas de ficción, sendo director das series de televisión como Verano azul (19 episodios), Crónicas de un pueblo (52 episodios) e Farmacia de guardia, todas elas con grande éxito e recoñecemento.

É pai de Antonio Santos Mercero, guionista de televisión coñecido por series como Hospital Central ou Lobos.

Premios[editar | editar a fonte]

  • 2010 Premio Goya de honra.[2]
  • 2003 Festival de Cine de Montreal. Premio ó mellor director por Planta cuarta.
  • Premio Emmy, outorgado pola Academia Nacional de Televisión e Ciencias de Nova York en 1973 por La cabina.[3]
  • Mellor programa dramático do Canal 47 de Nova York (1973).
  • Premio da Crítica Internacional do Festival de Montecarlo (1973).
  • Premio Marconi de Mifed de Milán (1973)
  • Quixote de Ouro Mellor Director, concedido pola crítica española en 1972.
  • Premio Nacional 1972.
  • Premio Ondas 1972.
  • Antena de Ouro 1972.
  • Premio TP de Ouro 1972.
  • Mención Especial no Festival de Cork (Irlanda)
  • Premio do Sindicato Nacional do Espectáculo.
  • A curtametraxe Lección de Arte, obtén a Cuncha de Ouro e a Perla do Cantábrico no Festival de Cine de San Sebastián (1962).
  • Premio na Bienal de Arte de París en 1965 pola súa práctica de fin de Carreira Trotín Troteras.
Predecesor:
Jesús Hermida
Presidente da ATV
1998 - 2000
Sucesor:
Ignacio Salas

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Antonio Mercero, cineasta y director de televisión, muere a los 82 años (en castelán)
  2. "Lo más emotivo". premiosgoya.com. Consultado o 12-05-2018. 
  3. "Antonio Mercero, Goya de Honor 2009". elmundo.es. Consultado o 12-05-2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Antonio_Mercero&oldid=4987345"