Antonio Páramo e Somoza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Antonio Páramo e Somoza
Nome completoAntonio Páramo y Somoza
Nacemento1731
 Ferreira de Pantón
Falecemento1786
 Santiago de Compostela
SoterradoCatedral de Santiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
RelixiónIgrexa católica
Ocupaciónclérigo, sacerdote católico e xurista
editar datos en Wikidata ]

Antonio Montenegro Páramo e Somoza, coñecido como Antonio Páramo e Somoza, nado en Santa María de Ferreira,[1] (actual concello de Pantón) o 7 de setembro de 1731 e finado en Santiago de Compostela o 8 de marzo de 1786, foi un eclesiástico e xurista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Membro da fidalguía galega (casa dos Somoza de Galicia), foi fillo de Manuel Montenegro Páramo y Osorio, natural da Pobra do Burón, señor da xurisdición de Fontesta e San Vicente, e da súa esposa María Benita Somoza e Sangro, do lugar e casa de Goián (Santa María de Ferreira). Probou a súa nobreza de sangue ante a Real e Distinguida Orde Española de Carlos III en 1781.[2]

Tras concluír a carreira eclesiástica e a de Xurisprudencia e Cánones, ocupou os cargos de cóengo e cardeal da Igrexa de Santiago, Administrador Xeral, Capelán Maior e Xuíz Privativo Eclesiástico do Gran Hospital Real de Santiago, reitor da universidade compostelá (1781) e bispo electo de Lugo en 1785,[3] non chegando a tomar posesión por morrer repentinamente.[4]

Foi fundador da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago (1784) e, tras o seu nomeamento como Director da mesma, exerceu dito cargo até a súa morte, o 8 de marzo de 1786, en Santiago de Compostela.[5]

Foi soterrado na Capela do Salvador, da Catedral de Santiago.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Antonio_Páramo_e_Somoza&oldid=4975996"