Antonio Pérez González

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Antonio Pérez González
Quecemento HC Liceo, Pazo dos deportes Riazor, A Coruña, HC Liceo vs CP Vic 6.JPG
Nome completoAntonio Pérez González
Nacemento7 de xuño de 1990
 Oviedo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxogador de hóckey a patíns
editar datos en Wikidata ]

Antonio Pérez González, nado en Oviedo (Asturias) o 6 de xullo de 1990, é un xogador de hóckey a patíns español. Xoga na posición de dianteiro. Dende a tempada 2011-12 viste a camiseta do H.C. Liceo da Coruña.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Toni Pérez comezou a práctica do hóckey a patíns na súa cidade natal, Oviedo. Con 16 anos conseguíu o ascenso como campión de Primeira División á OK Liga e o subcampionato da Copa do Príncipe co Esfer Oviedo. Trala súa marcha ao H.C. Liceo conseguiu o campionato de España júnior e o ascenso como campión da Primeira División co equipo "B", o Liceo Cerceda, á OK Liga na tempada 2008-09. Durante a tempada 2009-10 xogou no Club Patín Cerceda (club xurdido a raíz do ascenso do Liceo Cerceda), esa tempada foi o máximo goleador da máxima categoría do hóckey a patíns español con 43 goles empatado co dianteiro liceísta Pablo Álvarez, a pesar diso non puido evitar o descenso do club galego. Tralo descenso do club cercedense asinou polo PAS Alcoi, club co cal debutou nunha competición europea a nivel de clubs, a Copa CERS, no club alacantino foi o máximo goleador. Finalizada a tempada 2010-11, o Liceo repescouno para suplir a baixa do dianteiro arxentino Pablo Álvarez.

Equipos[editar | editar a fonte]

Palmarés[editar | editar a fonte]

Categorías inferiores[editar | editar a fonte]

  • Subcampión de España xuvenil: 2005-06
  • Campionato de España Júnior co Liceo: 2008-09

Esfer Oviedo[editar | editar a fonte]

Liceo Cerceda[editar | editar a fonte]

  • Campión e ascenso á OK Liga: 2008-09

HC Liceo[editar | editar a fonte]

Selección española[editar | editar a fonte]

  • Campión de Europa xuvenil: 2006
  • Subcampión de Europa júnior: 2008
  • Campión do Mundo sub 20: 2009

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Antonio_Pérez_González&oldid=5235298"