Antonio Santiago Álvarez
Antonio Santiago Álvarez | |
---|---|
![]() Monumento a Antonio Santiago Álvarez na Coruña. | |
Nacemento | 8 de decembro de 1895 |
A Coruña ![]() | |
Falecemento | 5 de xullo de 1979 |
A Coruña | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | escritor |
Xéneros | Comedia, teatro |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Antonio Santiago Álvarez, alcumado Nito, nado na Coruña o 8 de decembro de 1895 e finado na mesma cidade o 5 de xullo de 1979, foi un escritor galego.
Índice
Traxectoria[editar | editar a fonte]
De rapaz iniciouse coma novilleiro. Emigrou a Cuba e traballou de xornalista na Habana. Alí aprendeu o oficio de linotipista. Volveu á Coruña e traballou no xornal La Voz de Galicia.
A mediados dos anos vinte converteuse no autor máis prolífico e exitoso de apropósitos. Despois do parón da guerra civil continuou co xénero en 1949 a petición do entón alcalde coruñés Alfonso Molina ata 1966. Nesta época os guións eran previamente supervisados pola censura franquista que os acurtaba a un terzo do orixinal.
O xénero local volve recuperarse en 1984 da man do seu neto: Antón de Santiago[1].
Obras[editar | editar a fonte]
- Los líos del Estatuto o "miss" Capitalidad
- Vuelan mis ferretes
- Viaje de "mis" Patela, de Nueva York a La Grela
- Un ferrete sin censura es más bravo que un miura
Escribiu moitas comedias e varias zarzuelas.
- El indulto, La represa y el río
Homenaxes[editar | editar a fonte]
En 2002 a cidade da Coruña púxolle unha rúa co seu nome en Monte Alto[2]. O seu neto humorista, Antón De Santiago, continúa a facer escarnio durante o entroido coa compañía Nito.[3]
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Cuns Lousa, Xulio (1999). "A propósito do Apropósito" (PDF). Anuario Brigantino 22: 463–484. Consultado o 18 de xuño de 2014.