Antonio de Viana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Antonio de Viana
Antonio de Viana 01.jpg
Nacemento1578
 San Cristóbal de La Laguna
Falecemento1650
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Sevilla
Ocupaciónmédico, historiador, escritor e poeta
editar datos en Wikidata ]

Antonio de Viana, nada en La Laguna, Tenerife en 1578 e finado en 1650?, foi un historiador, médico e poeta canario. Estudou en Sevilla a Licenciatura de Medicina, que rematou en 1606. É posiblemente nesta cidade onde coñeceu a Lope de Vega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Dende 1607 prestou os seus servizos ó Cabido de Tenerife para levar a cabo a atención dos doentes do hospital. Tamén en Sevilla ocupou a praza de médico cirurxián do Hospital do Cardeal. En 1630, ante o notable aumento da súa fama, os seus contemporáneos tinerfeños conseguiron convencelo e levalo novamente á illa, co seu antigo cargo. En 1633, trasladouse ás Palmas, onde exerceu gran parte da súa profesión. Foi médico do bispo Charangas, elevando aínda máis a súa reputación entre membros de tribunais e altas personalidades doutros órganos que daquela residían na cidade grancanaria.

En canto á súa faceta de historiador e poeta achácaselle que nos seus escritos inventara parte dos nomes guanches que aparecen.[1]Viera y Clavijo tamén se baseou nalgúns dos escritos do poeta Viana para parte da Historia de Canarias, co consecuente erro na denominación dos nomes aborixes que perduraron até o noso tempo.[2]

Obras[editar | editar a fonte]

  • Antigüedades de las Islas Afortunadas(1604), poesía de gran valor que achega unha importante información sobre costumes, etnografía e linguas.
  • Conquista de Tenerife.
  • Aparecimiento de la imagen de la Candelaria.
  • Discurso en la herida que sufrió Juan Bautista Silman (1637).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. [Alejandro Cioranescu: El poema de Antonio de Viana, incluido en Anuario de estudios atlánticos, nº. 16, pags. 67-144 (1970).
  2. Juan Álvarez Delgado: La división de la isla de Tenerife en nueve reinos, op. cit., nº 31, pags. 61-132 (1985).
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Antonio_de_Viana&oldid=5044758"