Apiales

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Apiales
Illustration Aegopodium podagraria0.jpg
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Apiales
Nakai
Familias
  • Apiaceae (familia cenoria)
  • Araliaceae (familia ginseng)
  • Aralidiaceae
  • Griseliniaceae
  • Mackinlayaceae
  • Melanophyllaceae
  • Myodocarpaceae
  • Pennantiaceae
  • Pittosporaceae
  • Torriceliaceae

As Apiales é unha orde de plantas anxiospermas que contén familias moi recoñecidas: cenoria, apio, pirixel, hedra.

No sistema de Cronquist, só se inclúen as Apiaceae e Araliaceae, e a orde situouse coas rósidas máis ca coas astéridas. As Pittosporaceae estaban coas Rosales, e outras formas na familia Cornaceae. As familias están a ser reclasificadas e haberá pequenas variacións, en particular nas Torriceliaceae que poden ser divididas.

Hai tendencia ao paso de formas leñosas a herbáceas. Con condutos resiníferos. Flores pentámeras, hermafroditas, diclamideas, ás veces co cáliz moi pequeno, xineceo ínfero, bicarpelar, de carpelos pechados e estilos libres; en umbelas. Ás veces hai dimorfismo floral.

Importancia nos países tépedos e fríos.

Biotipos[editar | editar a fonte]

Árbores (algunhas Ferula), arbustos (Bupleurum), e máis frecuentemente herbas, anuais, bianuais ou perennes. Follas case sempre alternas. Contén dúas familias.

Sinonimia[editar | editar a fonte]

  • Araliales, Pittosporales
  • [1]

Notas[editar | editar a fonte]

  • Chandler, G.T. and G. M. Plunkett. 1994. Evolución en Apiales: marcadores nucleares e cloroplastos xuntos na maioría dos casos en perfecta harmonía. Botanical Journal of the Linnean Society 144: Pag. 123-147 (abstract dispoñible online aquí).

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Apiales&oldid=4788958"