Aragón Sat

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Aragón Sat
Inicio das emisións Maio de 2007
Fin das emisións 31 de marzo de 2010
Propiedade de CARTV
Formato da imaxe 4:3, 16:9
País España España
Lingua Castelán
Área de emisión Aragón Aragón
Substituído por Aragón TV Internacional
Canle/s irmá(s) Aragón TV
Aragón 2 HD
Aragón TV Internacional
Páxina web www.aragontelevision.es

Aragón Sat foi entre 2007 e 2010 a canle internacional de Televisión Autonómica de Aragón, S.A., que pertence ao ente público Corporación Aragonesa de Radio y Televisión.

Historia[editar | editar a fonte]

A canle naceu co obxectivo de achegar a televisión autonómica aos aragoneses residentes no exterior (tanto en España como en Europa), así como o de difundir e mostrar ao resto do continente a cultura, tradición e patrimonio da comunidade autónoma. Aragón SAT foi o escaparate perfecto para dar a coñecer todo o relativo á Exposición Internacional de Zaragoza de 2008, evento que contou cun despregamento sen precedentes por parte da cadea.

A grella da canle estaba composta polos contidos de produción propia da canle matriza, Aragón TV. En xullo de 2009, do mesmo xeito que a súa canle irmá, a cadea migrou a súa continuidade ao formato 16:9.

Tras case tres anos de emisión a través de Astra e Hispasat, a mediados de marzo de 2010 a Corporación Aragonesa de Radio y Televisión anunciou que a finais de mes Aragón SAT cesaría as súas emisións en ambos os satélites, apostando desde entón polas emisións a través de internet. A emisión dos contidos de Aragón TV para residentes no exterior quedou dispoñible desde ese instante vía internet a través da web da cadea, ofrecendo esta unicamente os espazos de produción propia e inserindo un bucle cando se atopaban en emisión contidos con dereitos só dispoñibles para Aragón.

O 8 de setembro de 2015, froito do acordo alcanzado con Movistar+, os contidos de Aragón TV volvían estar de novo dispoñibles a través do satélite e formando parte da oferta de canles autonómicas de Movistar+ (dial 155). A nova versión foi rebautizada como Aragón TV Internacional.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Aragón_Sat&oldid=4788999"