Aragón TV

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Aragón TV
Logo aragon tv 2016.png
Inicio das emisións 21 de abril de 2006
Propiedade de CARTV
Formato da imaxe 16:9
Datos de audiencia 10,4% (2015, Kantar Media)
País España España
Lingua Castelán
Área de emisión Aragón Aragón
Canle/s irmá(s) Aragón 2 HD
Aragón TV INT
Páxina web www.aragontelevision.es

Aragón TV (anteriormente Aragón Televisión) é a marca comercial de Televisión Autonómica de Aragón, S.A. e a primeira canle de televisión pública de Aragón. Pertence á Corporación Aragonesa de Radio y Televisión.

Historia[editar | editar a fonte]

Aragón TV empezou a emitir en probas a principios de decembro de 2005. O 22 de decembro do mesmo ano substituíu o axuste de barras por un ciclo de imaxes relacionados cos pobos, as contornas naturais e as pezas do patrimonio histórico-artístico de Aragón. O 25 de febreiro de 2006 realizou a súa primeira emisión co partido de fútbol Real Zaragoza-FC Barcelona, volvendo á fase de probas tras acabar o encontro.[1]

As emisións oficiais de Aragón TV comezaron o 21 de abril dese mesmo ano, en vésperas do día de Aragón (23 de abril), sendo un dos primeiros programas unha gala especial de presentación.[2] O luns 16 de maio de 2011, emitiu en exclusiva, o único debate que houbo entre as candidatas do PSOE Eva Almunia e do PP Luisa Fernanda Rudi para a presidencia do Goberno de Aragón.[3]

En 2009 converteuse na primeira cadea de televisión en España en emitir parte da súa programación en 16:9, formato panorámico. Tamén foi a primeira cadea en dispoñer dunha canle en HD.[4]

Tras varios anos de emitir tamén a súa programación por satélite a través de Astra e Hispasat, Aragón TV cesou as súas emisións en ambos os satélites a finais de marzo do 2010, reducindo as posibilidades de ver no futuro dita televisión aos miles de aragoneses que viven fóra da comunidade autónoma, así como a todos aqueles curiosos da cultura aragonesa. A principios do mes de setembro de 2015, Aragón TV renovou as súas emisións para toda Europa a través da canle Aragón TV Internacional.

En 2012, obtivo por primeira vez e con programación habitual, o primeiro posto no ránking das canles que integran a Federación de Organismos de Radio e Televisión Autonómicos (FORTA) cun 13,1 % de cota de pantalla, por diante da catalá TV3.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Aragón_TV&oldid=4972549"