Aragón TV Internacional

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Aragón TV Internacional
Inicio das emisións 8 de setembro de 2015
Propiedade de CARTV
Formato da imaxe 16:9
País España España
Lingua Castelán
Área de emisión Aragón Aragón
Canle que substitúe Aragón Sat
Canle/s irmá(s) Aragón TV
Aragón 2 HD
Páxina web www.aragontelevision.es

Aragón Televisión (anteriormente Aragón Sat) é a canle internacional de Televisión Autonómica de Aragón, S.A., que pertence ao ente público Corporación Aragonesa de Radio y Televisión.

Historia[editar | editar a fonte]

Tras o cesamento de emisións de Aragón Sat en marzo de 2010, os contidos e produción propia da televisión pública aragonesa pasaron a estar dispoñibles para o resto do mundo de maneira online, a través da web do ente e aplicacións. O streaming permitía visualizar o sinal da canle principal, Aragón TV, aínda que con restricións. Certas emisións (retransmisións deportivas, series, cinema, entre outros) eran substituídas de maneira automática por un bucle de continuidade debido a cuestións relacionadas con dereitos de emisión.

Cinco anos e medio máis tarde, en setembro de 2015 e froito dun acordo con Movistar+, os contidos do ente aragonés volven estar dispoñibles nos satélites Astra e Hispasat, así como no dial 155 da plataforma de Telefónica. A canle, rebautizada como Aragón TV Internacional, continúa emitindo baixo os mesmos parámetros que posuía na súa versión de streaming, só que, neste caso, os espazos que por motivos de dereitos non poden ser emitidos fóra do territorio aragonés son substituídos por bloques de noticias de Euronews, grazas ao acordo asinado no seu día entre CARTV e a canle paneuropea de noticias.

A pesar de que Aragón TV INT cumpre a mesma función que Aragón Sat no seu momento, son canles xestionadas de maneira totalmente distinta. Mentres que no seu día o xa extinguido Aragón Sat conformaba unha canle con grella e continuidade propia, a canle actual é un mero duplicado da canle convencional do ente aragonés ao que se lle inclúen numerosos "parches" en función do programa en emisión.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Aragón_TV_Internacional&oldid=4789001"