Armando López Salinas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Armando López Salinas
Armando López Salinas 2012 (cropped).jpg
Nacemento31 de outubro de 1925
 Madrid
Falecemento25 de marzo de 2014
 Madrid
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista e escritor
editar datos en Wikidata ]

Armando López Salinas, nado en Madrid o 31 de outubro de 1925 e finado na mesma cidade o 25 de marzo de 2014[1] foi un escritor e político español, dirixente do Partido Comunista de España (PCE).[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Militante do Partido Comunista de España, durante a clandestinidade do partido na ditadura franquista foi membro do seu Comité Central e do Secretariado, o máximo órgano de dirección do PCE.[3] Foi subdirector do diario Mundo Obrero, o periódico do PCE, e correspondente en Madrid de Radio España Independiente (máis coñecida como "Radio Pirenaica"), a emisora clandestina que máis tempo estivo en antena (40 anos).[4] En marzo de 1968 pronunciou unha conferencia sobre os dereitos humanos ante os estudantes pechados na Facultade de Filosofía e Letras de USC, canda Xesús Alonso Montero, Enrique Barón e Enrique Miret Magdalena.[5] Durante o franquismo colaborou habitualmente na revista cultural Cuadernos para el Diálogo.[6]

Obras[editar | editar a fonte]

  • La mina, finalista do Premio Nadal (1959).
  • Caminando por las Hurdes (1960), con Antonio Ferres.[7]
  • Año tras año (1962). Premio Machado de Novela.
  • Por el río abajo (1966) con A. Grosso.
  • Viaje al país gallego (1967) con Javier Alfaya.
  • Crónica de un viaje y otros relatos (2007).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Muere Armando López Salinas, representante de la novela social". El Mundo. 25 de marzo de 2014. 
  2. Manuel Aznar Soler (2010). República literaria y revolución (1920-1939), Editorial Renacimiento, pág. 549n
  3. Elpais.com (19 de setembro de 2012): "Santiago Carrillo era más práctico que teórico, más táctico que estratega"
  4. Diario Público (7 de outubro de 2012): "Armando López: "Lo que no se gana en la calle no se gana nunca en la mesa de negociación""
  5. O Marzo do 68 compostelán
  6. Javier Muñoz Soro (2006). Cuadernos para el diálogo, 1963-1976, Marcial Pons, pág. 80
  7. Martha Eulalia Altisent (2008). A Companion to the Twentieth-century Spanish Novel, Ed. Tamesis, pág. 73

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Armando_López_Salinas&oldid=4924297"