Arquieparquía católica maronita de Haifa e Terra Santa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Arquieparquía de Haifa e Terra Santa
Archieparchia Ptolemaidensis Maronitarum in Terra Sancta
Maronite Church P1040716.JPG
Datos xerais
LocalizaciónIsrael
Información
Igrexa particularIgrexa Católica Maronita
RitosAntioquense
Xerarquía
PapaFrancisco
PatriarcaBixara Pedro
ArcebispoMusa al-Hax

A arquieparquía de Haifa e Terra Santa (latín: Archieparchia Ptolemaidensis Maronitarum in Terra Sancta) é unha sé da Igrexa Católica inmediatamente suxeita ó Patriarcado de Antioquía dos Maronitas. En 2009 contaba con 7.000 bautizados. O seu arcebispo actual é o antoniano Musa al-Hax.

Territorio[editar | editar a fonte]

A arquieparquía ten xurisdición sobre todos os fieis da Igrexa Maronita que viven en Israel. A sé arcebispal é a cidade de Haifa, onde está a catedral de San Luís Rei. O territorio está organizado en 6 parroquias.

Historia[editar | editar a fonte]

A arquieparquía foi erixida o 8 de xuño de 1996, en territorios da arquieparquía de Tiro, e con xurisdición sobre todo Israel, Palestina, Xordania e a cidade de Xerusalén.

O 5 de outubro do mesmo ano cedeu parte do seu territorio para erixir os exarcados patriarcais de Xerusalén e Palestina e de Xordania, que até agora están unidos in persona episcopi á arquieparquía.

Episcopoloxio[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Sala Stampa della Santa Sede, ed. (25 de xuño de 2011). "DALLE CHIESE ORIENTALI". Bollettino della Sala Stampa della Santa Sede (en italiano) (B0396). 
  2. Sala Stampa della Santa Sede, ed. (16 de xuño de 2012). "DALLE CHIESE ORIENTALI". Bollettino della Sala Stampa della Santa Sede (en italiano) (B0359). 
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Arquieparquía_católica_maronita_de_Haifa_e_Terra_Santa&oldid=4960978"