Arte de Cataluña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Pantocrátor de Sant Climent de Taüll, no MNAC.

A arte de Cataluña tivo unha evolución paralela á do resto da arte europea, seguindo de forma diversa as múltiples tendencies que produciron no contexto da historia da arte occidental. A arte foi, dende sempre, un dos principais medios de expresión do ser humano, a través do cal expresa as súas ideas e sentimentos, e a forma pola que se relaciona co mundo. A súa función pode variar dende a máis práctica até a máis ornamental, pode ter un contido relixioso ou sinxelamente estético, e pode ser duradeiro ou efémero.

Ó longo da historia, Cataluña acolleu diversas culturas e civilizacións, que achegaron o seu concepto da arte e deixaron o seu legado. Cada período histórico tivo unhas características concretas, comúns a outras rexións e culturas, ou ben únicas e diferenciadas, que foron evolucionando co devir do tempo. Dende aquí xorden os estilos artísticos, que poden ter unha orixe xeográfica ou temporal, ou mesmo reducirse á obra dun artista en concreto, sempre que se producisen unhas formas artísticas claramente definitorias.

A arte catalá é froito da diversa amálgama social e cultural achegada polos diversos pobos que habitaron o territorio: ós primeiros poboadores prehistoricos sucedéronos os outros pobos (celtas e iberos) chegados na Idade dos Metais; estes conviviron máis tarde cos primeiros colonizadores procedentes das civilizacións mediterráneas, os gregos; a continuación chegaron os romanos, que converteron o territorio nunha provincia máis do seu imperio; despois da caída deste, Cataluña formou parte do reino visigodo, e pouco despois do islámico. A Idade Media foi o comezo da cultura catalá como unha entidade propia e definida, cunha lingua de seu, herdeira do latín. Foi unha época de apoxeo para a arte catalá, sendo o románico e o gótico períodos moi produtivos para o desenvolvemento artístico do Principado. Durante a Idade Moderna, o vencellamento con España e a sucesión de varias crises económicas e culturais, a art comeza a esmorecer, sendo o Renacemento e o Barroco estilos non especialmente sobranceiros para a historia da arte catalá. Dende o século XIX, coa revitalización económica e cultural, volve florear a arte; e o modernismo é un dos períodos máis esplendorosos da arte catalá. Malia isto, o século XX supoxo a posta ó día dos estilos producidos polos artistas cataláns, que conectan coas correntes internacionais, xurdindo figuras de primeira orde a escala mundial como Salvador Dalí, Joan Miró e Antoni Tàpies.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Arte_de_Cataluña&oldid=4666838"