Arte románica en Asturias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Cámara Santa da Catedral de Oviedo.
A Arca Santa, conservada na mesma Cámara. Século XI.
San Salvador de Valdediós, de época e estilo "prerrománico" ou "asturiano" (adóitase atribuír ó reinado de Afonso III de Asturias -ca. 900-, con engadidos posteriores), non contradí as convencións estilísticas do Románico.
Igrexa de Santa María de Valdediós, moi preto da anterior.
Canzorros da cornixa da ábsida de San Pedro de Villanueva.

A arte románica en Asturias é a subdivisión local da arte románica no Reino de Asturias. Na época (séculos XI e XII) o primitivo reino cristián que nun comezo se restrinxía a unha zona da cordilleira Cantábrica xa se estendera até o Douro, e levaba a denominación de reino de León, pero a especificidade xeográfica e a pervivencia na zona asturiana do potente Prerrománico local (a chamada arte asturiana -expresión que Jovellanos empregou para designar xenericamente a todo o que hoxe coñecemos como Románico e que posteriormente a historiografía restrinxiu ós séculos IX e X), permiten distinguir o Románico asturiano do Románico leonés, do Románico en Cantabria ou o Románico galego).

A Enciclopedia del Románico en la Península Ibérica do Centro de Estudios del Románico identifica unhas douscentas mostras de Románico no territorio do actual Principado de Asturias; fronte ás sesenta e tres que recolle do Prerrománico (dezanove edificios, trinta e sete elementos arquitectónicos e escultóricos e sete pezas de ourivaría).[1]

A obra da Catedral de Oviedo conserva partes destacadas de época románica, aínda que as máis visibles son góticas. O período románico prolóngase no século XIII cun Tardorrománico arcaizante e popular, diferenciable das grandes fundacións patrocinadas pola monarquía en épocas anteriores.

Igrexas e mosteiros, caracterizados polas súas pequenas dimensións e a súa integración no espazo natural, atópanse dispersos por todo o medio rural, como o conxunto de igrexas na zona de Villaviciosa: Santa María Magdalena de los Pandos, San Salvador de Fuentes, Igrexa de San Andrés de Valdebárzana, Santa María de la Oliva, Santa Maria de Valdediós e San Juan de Amandi. Outros exemplos, distribuídos por todo o territorio, son: a Colexiata de San Pedro de Teverga, San Julián de Viñón (Cabranes), Igrexa de Santa María de Narzana (Sariegu), San Pedro de Villanueva (Cangues d'Onís), San Antolín de Bedón (Llanes) ou Santa Maria de Obona (Tinéu).[2]

Outros: San Vicente de Serrapio (Aller), Santa Eulalia de Abamia (Corao),[3]Aramil, Cornellana, Piedeloro, Priorio, Santa Maria de Villanueva,[4][5]Santo Tomás de Sabugo, San Jorge (Manzaneda),[6]San Esteban (Sograndio) ou San Pedro de Arrojo.[7]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Arte_románica_en_Asturias&oldid=4548101"