Arto Paasilinna

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Arto Paasilinna
Paasilinna 20071130.jpg
Nome completoArto Tapio Paasilinna
Nacemento20 de abril de 1942
 Kittilä
Falecemento15 de outubro de 2018
 Espoo
Causadoença cerebrovascular
NacionalidadeFinlandia
Ocupaciónescritor, poeta, xornalista, novelista e guionista
IrmánsErno Paasilinna, Reino Paasilinna e Mauri Paasilinna
Coñecido/a porThe Year of the Hare, sen etiquetar, Hurmaava joukkoitsemurha e The Best Village in the World
PremiosPro Finlandia Medal of the Order of the Lion of Finland, Jussi Award for Best Script, Giuseppe Acerbi literary prize, sen etiquetar e sen etiquetar
editar datos en Wikidata ]
Arto Paasilinna

Arto Paasilinna, nado en Kittilä o 20 de abril de 1942 e finado en Espoo o 15 de outubro de 2018,[1] foi un escritor e ex xornalista finlandés. Foi un autor de éxito e algúns dos seus libros foron traducidos ás principais linguas europeas, incluído o galego; O bosque dos raposos aforcados, O muiñeiro ouveador e O ano da lebre.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En Finlandia está considerado coma un dos autores actuais máis populares, cun importante número de lectores en Francia onde foi comparado con Gabriel García Márquez.[1] Os seus libros reflicten a vida cotiá dos finlandeses, xeralmente dende a perspectiva masculina dun home de idade media.

Algunhas veces ten sido acusado de escribir libros que se asemellan moito os uns aos outros, mais o seu estilo consegue un amplo número de lectores que se mantén fiel e segue a medrar, como demostra a cantidade de best-séllers que ten publicado ao longo da súa carreira.

Novelas[editar | editar a fonte]

  • Operaatio Finlandia (1972)
  • Paratiisisaaren vangit (1974)
  • Jäniksen vuosi (1975)
  • Onnellinen mies (1976)
  • Isoisää etsimässä (1977)
  • Sotahevonen (1979)
  • Herranen aika (1980)
  • Ulvova mylläri (1981)
  • Kultainen nousukas (1982)
  • Hirtettyjen kettujen metsä (1983)
  • Ukkosenjumalan poika (1984)
  • Parasjalkainen laivanvarustaja (1985)
  • Vapahtaja Surunen (1986)
  • Koikkalainen kaukaa (1987)
  • Suloinen myrkynkeittäjä (1988)
  • Auta armias (1989)
  • Hurmaava joukkoitsemurha (1990)
  • Elämä lyhyt, Rytkönen pitkä (1991)
  • Maailman paras kylä (1992)
  • Aatami ja Eeva (1993)
  • Volomari Volotisen ensimmäinen vaimo ynnä muuta vanhaa tavaraa (1994)
  • Rovasti Huuskosen petomainen miespalvelija (1995)
  • Lentävä kirvesmies (1996)
  • Tuomiopäivän aurinko nousee (1997)
  • Hirttämättömien lurjusten yrttitarha (1998)
  • Hirnuva maailmanloppu (1999)
  • Ihmiskunnan loppulaukka (2000)
  • Kymmenen riivinrautaa (2001)
  • Yhdeksän unelmaa (2002)
  • Liikemies Liljeroosin ilmalaivat (2003)
  • Tohelo suojelusenkeli (2004)
  • Suomalainen kärsäkirja (2005)

Traducións ao galego[editar | editar a fonte]

Outras obras[editar | editar a fonte]

  • Karhunkaataja Ikä-Alpi, (1964)
  • Kansallinen vieraskirja, graffiitti eli vessakirjoituksia, (1971)
  • Sadan vuoden savotta, (2002)
  • Yhdeksän unelmaa, (2003)
  • Natalia, (1979)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,01,1 "Muere a los 76 años el escritor finlandés Arto Paasilinna". abc.es (en castelán). 16-10-2018. Consultado o 22-04-2019. 
  2. Rinoceronte.gal (ed.). "O bosque dos raposos aforcados". Consultado o 7 de setembro de 2018. 
  3. Rinoceronte.gal (ed.). "O muiñeiro ouveador". Consultado o 7 de setembro de 2018. 
  4. Rinoceronte.gal (ed.). "O ano da lebre". Consultado o 7 de setembro de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Arto_Paasilinna&oldid=5126510"