Asemblea de Melilla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

A Asemblea de Melilla (en castelán: Asamblea de Melilla) é o órgano representativo da cidade autónoma de Melilla, composta por vinte e cinco membros elixidos por sufraxio universal, libre, directo e segredo e que teñen tamén a condición de concelleiros ao asumir as funcións que as leis recoñecen á organización municipal.

O Estatuto de Autonomía de Melilla, aprobado por Lei orgánica de 13 de marzo de 2005 ao amparo do artigo 144, b) da Constitución, atribúelle as funcións de elixir ao Presidente da Cidade, que o é tamén da Asemblea, o control do Consello de Goberno, incluída a moción de censura ao Presidente e as facultades normativas propias para a súa organización. Como a outras comunidades autónomas recoñéceselle o dereito a presentar proxectos de lei ante o Congreso dos Deputados e a remitir ao mesmo proposicións de lei, pero non a potestade lexislativa.

Composición[editar | editar a fonte]

A Asemblea de Melilla está composta polo Presidente, que é á súa vez o Alcalde e Presidente da Cidade Autónoma e vinte e cinco deputados dos diferentes partidos políticos, que son á vez concelleiros.

Desde as Eleccións á Asemblea de Melilla do 22 de maio 2011, a cámara está composta polos seguintes grupos:

  • PP: 15 deputados.
  • Coalición por Melilla (CpM): 6 deputados.
  • PSOE: 2 deputados.
  • Partido Populares en Libertad (PPL): 2 deputados.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Asemblea_de_Melilla&oldid=4844902"