Aurora Rodríguez Carballeira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Aurora Rodríguez Carballeira
Nome completoAurora Rodríguez Carballeira
Nacemento23 de abril de 1879
 Ferrol
Falecemento28 de decembro de 1955
 Ciempozuelos
Causacancro
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónsocióloga
FillosHildegart Rodríguez Carballeira
editar datos en Wikidata ]

Aurora Rodríguez Carballeira, nada en Ferrol o 23 de abril de 1879 e finada en Ciempozuelos o 28 de decembro de 1955, foi unha muller galega que pasou á historia por ser a nai e asasina de Hildegart, un experimento científico que ela concibiu como a muller do futuro.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Aínda que adoitaba mentir sobre a súa idade, e circulan moitas versións, crese que naceu en 1879, na casa familiar da rúa Madalena. Ante a carencia dunha educación formal que sempre lamentou (e que sería unha das razóns aducidas para que a súa filla completase o labor para o que a nai non estaba preparada), substituíu esta por lecturas na provista biblioteca de seu pai, de ideas liberais e progresistas, fundamentalmente de socialistas utópicas. Cando a súa irmá Josefa tivo un fillo de solteira e o deixou ao coidado de Aurora (con dezaseis anos), esta educouno até que se converteu no neno prodixio Pepito Arriola, que axiña foi reclamado por súa nai e levado a Madrid, onde tivo un enorme éxito (segundo a versión de Aurora aínda que, como se asume comunmente, a familia de Pepito di que nunca se separou de súa nai). Este suceso afondou as súas ideas reformadoras e euxenésicas, ademais das súas preocupacións polos dereitos da muller; isto levouna a concibir o proxecto de criar unha muller en condicións óptimas que chegase a ser un exemplo das súas ideas. Buscou un pai que nunca puidese reclamar a criatura e atopouno: a profesora Rosa Cal estableceu con fundamento que se trataba dun cura castrense ilerdense chamado Alberto Pallás, con quen tivo "colaborador fisiolóxico" tres "encontros carnais" (sempre segundo Aurora) até que estando segura do embarazo se trasladou a Madrid para darlle á súa filla a vida que ela lle tiña preparada.

O experimento inicialmente cumpriu as expectativas de Aurora, e Hildegart converteuse nunha personalidade internacional, aínda que a liberdade na que fora educada a levaría a un profundo compromiso político e a separarse de súa nai até que, inspirada pola loucura (unha suposta conspiración para arruinar a súa "escultura de carne") e o medo a perder a súa filla, asasinouna. Nunca se arrepentiu do seu acto e repetiu que volvería facelo. Foi condenada a 26 anos de cárcere, que cumpriu na maior parte no manicomio de Ciempozuelos. Até que se atopou o seu historial en 1977, a crenza común era que desaparecera durante a guerra, aínda que realmente morreu de cancro no manicomio o 28 de decembro de 1955.

Obras inspiradas na súa vida[editar | editar a fonte]

Novela[editar | editar a fonte]

  • Aurora de sangre (Vida y muerte de Hildegart) Eduardo De Guzmán 1972, Editorial Mundo Actual.
  • Aurora de sangre o la virgen roja Rafael Azcona Jet Films 1977. Guión do filme de Fernán Gómez baseado na novela de Eduardo de Guzmán
  • Auroras Anlaß Erich Hackl, Zürich, 1987
  • La virgen roja Fernando Arrabal, Barcelona, Seix Barral, 1987.

Cinema[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Aurora_Rodríguez_Carballeira&oldid=5077110"