ESA

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Axencia Espacial Europea")
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 48°50′53.52″N 2°18′15.12″L / 48.8482000, -2.3042000

ESA logo.png
logo da ESA
Propietario
Establecido30 de maio de 1975 (44 anos)
SedeParís
CosmódromoCentro Espacial de Kourou
AdministradorJohann-Dietrich Wörner
OrzamentoCrecente (crecemento) 5 720€ millóns (2019)[1]
Lingua oficialinglés, francés e alemán.
Webesa.int

A ESA, acrónimo en inglés da Axencia Espacial Europea (European Space Agency), formouse en 1975 como unha organización intergobernamental dedicada á exploración do espazo. En 2015 contaba con 22 estados membros. As súas oficinas centrais están en París. En 2019 o seu director científico é Günter Hasinger.[2]

Membros da ESA[editar | editar a fonte]

Os 22 estados membros da ESA son: Alemaña, Austria, Bélxica, Dinamarca, España, Estonia, Finlandia, Francia, Grecia, Hungría, Irlanda, Italia, Luxemburgo, Noruega, Países Baixos, Polonia, Portugal, Reino Unido, República Checa, Romanía, Suecia e Suíza.[3]

Acordos de cooperación[editar | editar a fonte]

     ESA e UE Estados membros     ESA-solo membros     UE-solo membros
Recreación da Mars Express.

Canadá ten un status especial, participando nalgúns proxectos en virtude dun convenio de colaboración. Sete membros da UE son estados europeos colaboradores ou teñen acordos de cooperación con a ESA son: Bulgaria, Chipre,Croacia, Letonia, Lituania, Malta, Eslovaquia e Eslovenia.[4][5]

Relacións coa Unión Europea[editar | editar a fonte]

Do visto anteriormente, dedúcese que non tódolos membros da UE son membros da ESA, nin tódolos membros da ESA, o son da UE. Con todo, a Axencia Espacial Europea mantén lazos coa Unión Europea, por medio do "Tratado Marco ESA/UE".

En virtude do Tratado Marco, ambas organizacións comparten unha estratexia europea para o espazo, e están a desenvolver unha política espacial conxunta. A máis, manteñen tratados de colaboración e financiamento para programas concretos, como o do programa Copérnico.[6]

Preparación e desenvolvemento[editar | editar a fonte]

As actividades da ESA comprenden unha ampla gama, dende actuacións nos foros políticos e económicos para a procura de apoios e financiamento ata o propio desenvolvemento e seguemento das misións espaciais e a súa preparación. Como exemplos disto último, en canto a seguemento a axencia ten construído estacións de seguemento en España, Australia e Arxentina, e coopera con outras axencias para compartir capacidades,[7] e en canto a preparación, en novembro de 2018 houbo unha simulación dun paseo lunar en Lanzarote, como parte de Pangaea-X.[8]

Unha actividade importante da ESA constitúea a preparación das misións, con centros adicados a iso como o ESTEC Test Centre en Noordwijk, nos Países Baixos, que alberga o LSS (Large Space Simulator, Gran Simulador Espacial) para testado de satélites ás condicións que se poden atopar no espazo.[9]

A preparación das misións inclúe investigación técnica, con desenvolvemento de produtos como Delta-DOR, técnica de navegación do espazo profundo ultraprecisa.

A ESA segue a ampliar e mellorar a súa rede, como pon de manifesto a actualización do radiotelescopio privado de Goonhilly, parte da Estación Terrestre de Goonhilly, en Cornualles, Inglaterra.[7][10]

Programa Horizonte 2000[editar | editar a fonte]

O programa Horizonte 2000 ('Horizon 2000') é o eixe das actuacións da ESA nas primeiras décadas do século XXI. Da acubillo ás misións Soho e Cluster, XMM-Newton, Herschel, e Rosetta , así como outras de menor envergadura, como Hubble, Cassini-Huygens, Planck, Integral, Gaia e Hipparcos, e cobre tódolos aspectos da ciencia espacial.[11]

Outras misións[editar | editar a fonte]

Entre 2003 e 2008 desenvolveuse a misión Duble Star / Tan Ce en colaboración con China.[12]

A serie PROBA (Project for On-Board Autonomy) desenvolveu o lanzamento de varios microsatélites. O primeiro, o Proba (logo renomeado como Proba-1), foi lanzado o 22 de outubro de 2001 por ISRO. No 2013 foi lanzado o satélite Proba-V,[13] o terceiro da serie.

No 2018 tivo lugar o lanzamento do primeiro satélite da misión Aeolus.[14] Ese mesmo ano comezou a perfilarse a misión Lagranxe, que espera estar definida a mediados de 2019.[15]

No 2019 terá lugar o lanzamento de JUICE, (Jupiter Icy Moons Explorer, Explorador das lúas xeadas de Xúpiter).[16] Nese mesmo ano, estase a preparar o telescopio espacial CHEOPS.[17]

No 2019 acórdase a misión 'Solar wind Magnetosphere Ionosphere Link Explorer', Smile, en cooperación con China, para explorar a conexión Sol-Terra.[12]

Cosmic Vision[editar | editar a fonte]

Cosmic Vision é o planeamento da ESA para o período 2015-2025, abranguendo diversas misións, como a Solar Orbiter (primeira misión asignada a Cosmic Vision), en conxunto coa NASA, que comezará a operar en 2010.[18][19]

Propostas para o futuro[editar | editar a fonte]

Aínda co plan Cosmic Vision 2015-2025 en marcha, e tendo en conta que do comezo da concepción dunha misión ata o cumprimento dos seus obxectivos e obtención de resultados científicos poden pasar vinte anos,.no 2019 comeza a traballar no programa Voyage 2050, que pretende deseñar os pasos que a ESA dará no período 2035-2050, anunciando por primeria vez o comezo dunha consulta pública.[20]

Amais das misións espaciais, a ESA procura a difusión do seu traballo, a aplicación da tecnoloxía espacial (como no caso do reciclado de auga no espazo, baseado no MELiSSA (Micro-Ecological Life Support System Alternative), aplicado en diversos lugares na superficie terrestre[21]) e o ensino do espazo, entre outras actividades,[22] lanzando diversas campañas.[23][24]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Orzamento 2019" (en inglés). Consultado o 28 de xaneiro de 2019. 
  2. Mediavilla, Daniel (2019-02-13). "“Encontraremos señales de formas simples de vida fuera de la Tierra en los próximos años”". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2019-02-17. 
  3. ESA (ed.). "New Member States" (en inglés). Consultado o 11 de abril de 2015. 
  4. "40 anos da ESA". Consultado o 26 de setembro de 2015. 
  5. "What is ESA?" (en inglés). Consultado o 30 de marzo de 2019. 
  6. esa. "New financial resources for Copernicus space component". European Space Agency (en inglés). Consultado o 2019-01-22. 
  7. 7,07,1 "Beckoning Moon". European Space Agency (en inglés). Consultado o 2019-01-24. 
  8. esa. "Preparing astronaut lunar exploration". European Space Agency (en inglés). Consultado o 2019-01-24. 
  9. "Mirror array for LSS". European Space Agency (en inglés). Consultado o 2019-04-17. 
  10. esa. "Week in images". European Space Agency (en inglés). Consultado o 2019-10-11. 
  11. esa. "Günther Hasinger’s science vision". European Space Agency (en inglés). Consultado o 2019-02-05. 
  12. 12,012,1 esa. "ESA gives go-ahead for Smile mission with China". European Space Agency (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2019. Consultado o 2019-03-06. 
  13. "Proba-V view of Galápagos". European Space Agency (en inglés). Consultado o 2019-03-27. 
  14. esa. "Introducing Aeolus". European Space Agency (en inglés). Consultado o 2019-02-07. 
  15. esa. "Where no mission has gone before". European Space Agency (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 23 de febreiro de 2019. Consultado o 2019-02-22. 
  16. "Juice’s Jovian odyssey". European Space Agency (en inglés). Consultado o 2019-02-06. 
  17. esa. "¿Qué tipo de planetas estudiará Cheops?". European Space Agency (en castelán). Consultado o 2019-02-06. 
  18. esa. "El equinoccio en el Sol, con SOHO". European Space Agency (en castelán). Consultado o 2019-03-27. 
  19. "Solar Orbiter during thermal-vacuum tests". European Space Agency (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 01 de abril de 2019. Consultado o 2019-04-01. 
  20. esa. "Help shape ESA’s space science programme". European Space Agency (en inglés). Consultado o 2019-03-04. 
  21. "Water on land and in the air". Chronicles from Concordia. 2019-03-22. Consultado o 2019-10-08. 
  22. esa. "Seeking innovative ideas: space for the oceans". European Space Agency (en inglés). Consultado o 2019-05-02. 
  23. "Open Space Innovation Platform - OSIP - Campaigns". ideas.esa.int. Consultado o 2019-05-02. 
  24. esa. "Los detectives climáticos regresan con la segunda edición de Climate Detectives". European Space Agency (en castelán). Consultado o 2019-09-29. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=ESA&oldid=5272875"