Baía Edicións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Baía Edicións no polígono de POCOMACO, A Coruña.

Baía Edicións é unha empresa editorial galega, con sede na Coruña.

Historia[editar | editar a fonte]

Fundada na cidade da Coruña en 1990, ten varias liñas editoriais: libro de texto, contos infantís, xogos, literatura xuvenil e de adultos, ensaio e pensamento filosófico, gastronomía, divulgación da natureza. Patrocina, xunto a Sotelo Blanco Edicións e Edicións A Nosa Terra, o selo empresarial Consorcio Editorial Galego, a través do cal distribúe os seus fondos e coedita libros de texto.

No ano 2004 puxo en marcha o Premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil. No ano 2018 comezou a convocar o Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola Igualdade.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "I Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola Igualdade". Xunta de Galicia. 14 de marzo de 2018. Consultado o 30 de novembro de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Baía_Edicións&oldid=5295965"