Baltasar Pardal Vidal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Baltasar Pardal Vidal
A Coruña - Monumento a Baltasar Pardal.JPG
Monumento no Campo da Leña da Coruña
Sacerdote da Igrexa católica latina
Biografía
Nacemento17 de agosto de 1886 en Santa Cristina de Fecha (Santiago de Compostela)
Pasamento3 de marzo de 1963
Ordes
Ordenación sacerdotal17 de decembro de 1910

Baltasar Pardal Vidal, nado en Santa Cristina de Fecha (Santiago de Compostela) o 17 de agosto de 1886 e finado o 3 de marzo de 1963 na Coruña, foi un sacerdote católico galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu nunha familia campesiña, o terceiro de catro irmáns. En 1900 ingresou no seminario, e o 17 de decembro de 1910 foi ordenado sacerdote. Comezou o seu ministerio sacerdotal como párroco coadxutor de Santa María de Betanzos en 1912, e en 1913 trasladouse á Coruña como coadxutor de san Nicolao.

Alí fundou en 1923 a Grande Obra de Atocha, aprobada como instituto secular en 1951 das Fillas da Natividade de María. Catro anos máis tarde, o seu instituto chegou ao Uruguai e a Venezuela. Foi tamén cóengo da colexiata de Santa María do Campo na Coruña.

Finou o 3 de marzo de 1963, e está enterrado na capela da Grande Obra de Atocha na Coruña.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Unha rúa na cidade da Coruña leva o seu nome, así como outras rúas en Pontedeume[1] e Betanzos.[2]

Veneración[editar | editar a fonte]

O 14 de decembro de 1996 comezou a súa causa de canonización na arquidiocese compostelá; a fase diocesana do proceso foi pechada en 2001 e a Positio foi enviada á Congregación para as Causas dos Santos en 2005. O 10 de maio de 2012 o papa Bieito XVI promulgou o decreto de virtudes heroicas, e declarouno "Venerable".

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Baltasar_Pardal_Vidal&oldid=5122318"