Barbuñales

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Localización na provincia de Huesca

Barbuñales (Barbuñals en aragonés) é un concello español da provincia de Huesca, situado na comarca do Somontano de Barbastro. A súa poboación era de 116 habitantes en 2005, sobre unha área superficial de 18,75 km², o que lle confería unha densidade de 6,19 hab/km². Dista 42 km da cidade de Huesca.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Dentro do termo municipal está comprendido o lugar despoboado de Lizana, orixe probábel dun apelido común no Bajo Aragón e Matarraña, ás veces tido por navarro.

Sitios de interese[editar | editar a fonte]

  • Igrexa parroquial de San Lourenzo, de estilo barroco, datada en 1666.
    • capela da familia Azara, co sepulcro neoclásico de José Nicolás de Azara.
  • Ermida de Santa Bárbara (restaurada hai pouco).
  • Fonte das Calzadas (1571).
  • Casa dos Azara, con pedra de armas.

Festas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Barbuñales&oldid=5098206"