Batalla de Cacheiras

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Placa do monumento onde se citan ós fusilados, os mártires de Carral.

A batalla de Cacheiras, ou escaramuza de Cacheiras,[1] foi un conflito armado que aconteceu o 23 de abril de 1846 na parroquia de Cacheiras, Teo, entre as tropas liberais galegas e provincialistas ao mando do comandante Miguel Solís e as tropas militares españolas ao mando do mariscal de campo José Gutiérrez de la Concha, que chega dende Castela, designado polo gobernodesignado polo goberno[2] para apagar o levantamento galego.[3]

O conflito situouse concretamente o espazo situado entre as casas da Ribeira e a cima de Montouto[4] entre as tropas de Madrid e as de Solís, que foron derrotadas.[1]

As tropas mandadas por Solís foron derrotadas e fuxiron cara a Santiago de Compostela, refuxiándose no interior do Mosteiro de San Martiño Pinario. Posteriormente entregáronse e foron fusilados en Carral. Foi un dos feitos máis importantes e que máis marcaron a historia contemporánea de Galicia.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,01,1 López Carreira (2013). Historia de Galicia, p. 221: "En Cacheiras [...] líbrase unha escaramuza, seguida pola retirada de Solís, que procurou o amparo dos muros de Compostela."
  2. Narváez foi Presidente (do Consello de Ministros) de 16 de marzo de 1846 ó 5 de abril de 1846 e Francisco Javier de Istúriz dende o 5 de abril ata o 28 de xaneiro de 1847. Non era a primeira vez que Narváez exercía (e deixaba) a presidencia, e non sería a última: en total houbo 7 gobernos Narváez entre 1844 e 1868.
  3. Luis Moure Mariño (1979) Temas gallegos. Espasa-Calpe.
  4. A batalla de Cacheiras Arquivado 03 de maio de 2008 en Wayback Machine., páxina do concello de Teo.
  5. "A Batalla de Cacheiras, o enfrontamento que puido cambiar a historia de Galicia", Historia de Galicia, 7 de abril de 2017.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  • Artigo na páxina web do concello de Teo.
  • Artigo no blog Recunchos da memoria, 23/4/2012.

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Batalla_de_Cacheiras&oldid=5154259"