Beatriz Manjón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Beatriz Manjón
Nacemento7 de marzo de 1976
 Ferrol
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista, presentadora e presentadora de televisión
editar datos en Wikidata ]

Beatriz Manjón Bermúdez , tamén coñecida como Bea Manjón, nada en Ferrol o 7 de marzo de 1976, é unha xornalista e presentadora de televisión galega.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Imaxes externas
Fotografía de Beatriz Manjón na TVG

Filla de nai cordobesa, é licenciada en xornalismo. Presentou varios programas de televisión, a maioría deles na Televisión de Galicia, coma Bravo polos amigos (2002) xunto con Alberto Comesaña, Noite Brava (2004), Noitemóbil (2006)[2], Buscando estrelas xunto con Tacho González (2007), a Revista Fin de Semana, A Solaina ou Voga voga mariñeiro (2014).[3]

Presentou o concurso cultural Teletreando na canle 7 Región de Murcia e o talk-show La Bomba en Canal Nou. Colaborou noutras cadeas coma TVE, Canal Sur ou Antena 3.

Escribiu dende 2008 ata 2010 unha columna en La Voz de Galicia chamada "El Cuaderno de Beatriz" e en 2012 publicou a novela Héroes de polvo (editorial: Suma de Editores).

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Beatriz_Manjón&oldid=4974339"