Becila

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Becila
Falecemento589
RelixiónIgrexa católica
Ocupaciónsacerdote
editar datos en Wikidata ]

Becila foi un eclesiástico hispano-visigodo, bispo ariano de Lugo a finais do século VI.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

No ano 585 o rei visigodo Leovixildo conquistou o reino suevo, impoñendo o arianismo como relixión oficial; o arcebispo católico de Lugo Nitixio foi desterrado e Becila foi nomeado bispo no seu lugar. Simultaneamente a dioceses, que desde o concilio de Braga[1] do ano 572 era metropolitana, perdeu esta condición para volver a ser sufragánea da de Braga.

No 589, xa baixo o reinado de Recaredo, celebrouse o Terceiro Concilio de Toledo no que decretouse o catolicismo como única relixión en todo o reino visigodo e restituíuse nas súas respectivas sés aos bispos católicos desterrados por Leovixildo. Becila foi un dos bispos que neste concilio abxuraron do arianismo; suponse que trala súa conversión a diocese de Lugo quedoulle reservada para serlle entregada á morte do xa ancián Nitixio, como ocorreu noutros casos similares. Porén, non hai constancia de que isto se levase a cabo.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. de la Huerta y Vega, Francisco Xavier (1733). Anales del reyno de Galicia. 
  2. Manuel Risco: España sagrada, vol. XL, pp 76-78 (1796).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Becila&oldid=4977780"