Benito Cancela Rodríguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Benito Cancela Rodríguez
Nacemento22 de agosto de 1892
 Padroso, Lampaza, Rairiz de Veiga
Falecementomaio de 1973
 Ourense
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Benito Cancela Rodríguez, nado en Padroso (Lampaza, Rairiz de Veiga) o 22 de agosto de 1892 e finado en Ourense a finais de maio de 1973,[1] foi un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Emigrou a Cuba e instalouse en Santa Cruz del Sur (Camaguey) onde amansou unha pequena fortuna con negocios de hostalaría. En Cuba entrou en contacto coa masonería, alcanzando o grao de mestre. Regresou a Celanova en 1932 e instalou o Hotel Cuba na vila. Afíliase a Izquierda Republicana e logo do triunfo da Fronte Popular nas eleccións de febreiro foi nomeado concelleiro e elixido alcalde de Celanova o 15 de marzo de 1936. Ao producirse o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 a Garda civil foi detelo, pero fuxiu. Agochouse primeiro en Leborín e despois nun zulo na súa propia casa de Celanova. Ao rematar a guerra civil acolleuse a un indulto. Pero foi novamente denunciado en 1939 polo cura de Bobadela. Detido, foi encarcerado na Prisión de Celanova. Pasou despois á Prisión provincial de Ourense, á de Porlier en Madrid e ao Penal do Puerto de Santa María. Saíu en liberdade condicional en 1943, pero condenado ao pago de multas, incautación dos seus bens e obrigado ao desterro, tivo que instalarse en Oviedo. Montou unha sidrería, que pechou aos seis meses. Regresou a Celanova na década dos cincuenta.


Predecesor:
José López Rodríguez
 Escudo de Celanova.svg
Alcalde de Celanova
 
1936
Sucesor:
?

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, 30-5-1973, p. 7.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Valín Fernández, Alberto; Rodríguez Teijeiro, Domingo (1996). "Aproximación biográfica a Benito Cancela Rodríguez: un masón en la alcaldía de Celanova bajo el Frente Popular". La masonería en la España del siglo XX. Toledo: Universidad de Castilla-La Mancha / Centro de Estudios Históricos de la Masonería Española. pp. 245–256. Consultado o 9-2-2014. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Benito_Cancela_Rodríguez&oldid=5109114"