Berga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Berga
Berga flag Catalonia.PNG
Coat of Arms of Berga.svg
Localización
Localització de Berga respecte del Berguedà.svg
PaísEspaña España
Comunidade autónomaCataluña Cataluña
ProvinciaBarcelona
ComarcaBerguedà
Xeografía
Altitude704 msnm
Superficie22,56 km²
Demografía
Poboación17.161 hab. (2010)
Densidade760,68 hab/km²
XentilicioBerguedà, berguedana
Outros datos
Código postal08600
AlcaldeJuli Gendrau i Farguell (CiU)
www.ajberga.cat

Berga é un concello español da provincia de Barcelona, en Cataluña. É a capital da comarca do Berguedà. A zona vella foi construída na década de 1360.

Situación[editar | editar a fonte]

Berga desde Queralt

A cidade de Berga atópase entre un val na Depresión Central Catalá e o Pre-pireneo, protexida dos ventos do norte pola montaña de Queralt e próxima ao río Llobregat que pasa polo extremo meridional do seu termo. Cabe destacar a súa situación xeográfica privilexiada no centro de Cataluña, que a converteu nun importante cruzamento de comunicacións.

A súa vexetación máis abundante é de piñeiro, aciñeira e carballo.

Concello de Berga

Historia[editar | editar a fonte]

Parece que pode ser a antiga Castrum Bergium, citada por Tito Livio. A invasión árabe no Berguedà foi cara ao ano 715 , logo de librarse do seu dominio, no século X formou parte do condado da Cerdaña. Foi conde de Berga Wifredo II de Cerdaña ata o seu retiro ao mosteiro do Canigó en 1035. Cando morreu o conde Bernardo Guillermo sen descendencia, pasou definitivamente o Condado de Berga a pertencer ao Condado de Barcelona no ano 1117, sendo conde Ramón Berenguer III.

No 1347 padeceu a peste negra.

Entre 1654 e 1655 foi capturada polos franceses.

Na Guerra de Sucesión Española deu apoio a Felipe V de España.

En 1854 sufriu un ataque de cólera.

Economía[editar | editar a fonte]

A súa economía máis importante é a actividade industrial, principalmente de fiados e tecidos, a siderometalúrgica e a da madeira. A primeira máquina de fiar utilizada pola industria catalá, foi inventada en Berga pola familia Farguell no século XVIII e coñecida co nome de "A Berguedana".

Antigamente tivera unha moi importante industria relacionada coa minería.

A gandería bovina, porcina e avícola está moi recoñecida en toda a comarca, celebrándose importantes feiras durante o ano.

Patrimonio histórico[editar | editar a fonte]

  • Igrexa Parroquial de Sta. Eulalia. Século XVII
  • Igrexa de Sant Joan de Berga. Século XIII. Desde 1983 é Monumento Histórico Artístico.
  • Praza de San Pedro. Orixe medieval
  • Portal de Santa Magdalena. Única porta medieval que se conserva das sete que tiña
  • Capela da Piedade. Século XVII
  • Muíño do Sal. Século XVIII
  • Santuario de Queralt. Século XVIII (Imaxe da Virxe do século XI)
  • Sant Quirze de Pedret. Século IX. A pesar de atoparse situado no termo de Cercs, en 1959 foi cedida, tras un acordo, polo obispado de Solsona ao concello de Berga, para a súa restauración e conservación. Soamente realízase culto relixioso nela, o día da súa festa anual e depende da parroquia de Berga.

Demografía[editar | editar a fonte]

1497 1553 1717 1787 1857 1900 1920 1950 1981 2000 2004 2008
131 187 1802 3366 6127 5747 6042 8379 14.249 14.305 15.753 17.072

Museos[editar | editar a fonte]

  • Museo Comarcal. Fondos etnológicos, históricos e ciencias naturais.
  • Museo Municipal. Cerámica, obxectos da Idade Media e restos prehistóricos da historia de Berga.
  • Museo do Circo. Colección de Josep Vinyes.
  • Biblioteca Ramón Vinyes i Cluet. Edificio de 1523 metros cadrados e con máis de 36.000 volumes.

Festivais e Concursos[editar | editar a fonte]

  • Encontro Internacional de Música Antiga
  • Concurso de Piano Cidade de Berga
  • Premio Ramón Vinyes de Teatro
  • Concurso de Pintura Cidade de Berga

Gastronomía[editar | editar a fonte]

Desde sempre foi famosa na comarca a gastronomía de Berga, polas súas materias primas, carne, embutidos, queixos e a gran variedade de cogomelos que se atopan nos seus bosques.

  • Sopa con albóndigas
  • Sopa de millo
  • Tenreira con cogomelos
  • Carne á brasa con cogomelos variados.

Feiras e Festas[editar | editar a fonte]

As festas máis importantes son a Patum e Els Elois.

  • Fira Santa Tecla (Setembro)
  • Festa dels Bolets (outubro)
  • Carnestoltes (Febreiro)
  • Mitja Marató (C.Atl. Berga)
  • Sant Marc xocolatada no santuario de Queralt (Abril)
  • Fira 1 de Maio
  • La Patum (datas do Corpus Christi) (Declarada pola Unesco patrimonio oral e inmaterial da Humanidade)
  • Els Elois (Xullo)

Entidades de poboación[editar | editar a fonte]

  • Cal Rosal
  • Sant Bartomeu

Cidades irmandadas[editar | editar a fonte]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Vista panorámica da serra de Queralt (no medio) e a cidade de Berga (á dereita). Á esquerda, o polígono industrial da Valldan.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Berga&oldid=5238992"