Bertil Ohlin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Bertil Ohlin Nobel prize medal.svg
Bertil Ohlin.jpg
Nome de nacementoBertil Ohlin
Nacemento23 de abril de 1899
 Kristianstad, Suecia
Falecemento3 de agosto de 1979, (80 anos)
 Estocolmo, Suecia
SoterradoNorra begravningsplatsen
Nacionalidadesueco
Alma máterUniversidade de Lund, Universidade Harvard, Stockholm School of Economics e Universidade de Estocolmo
Ocupaciónprofesor, economista
FillosAnne Wibble e Tomas Ohlin
PremiosPremio Nobel de Economía e Fellow of the Econometric Society
Bertil Ohlin signatur.jpg
editar datos en Wikidata ]
Interregional and international trade, 1933

Bertil Ohlin, nado en Klippan, Kristianstad, Suecia o 23 de abril de 1899 e finado en Estocolmo, Suecia o 3 de agosto de 1979, foi un economista sueco. Gañador do Premio Nobel de Economía en 1977 polas súas achegas teóricas ao comercio e as finanzas internacionais. O seu nome asóciase ao modelo de comercio internacional coñecido como modelo Heckscher-Ohlin.

Foi profesor da universidade de Copenhague e da de Estocolmo. Tamén foi dirixente do Partido Liberal e ministro de Comercio do Goberno sueco en 1944-45. No seu libro "Interregional and international trade" ("Comercio interrexional e internacional"), reelaborou un teorema de Hescksher, que era unha modificación da teoría dos custos comparativos, no que afirmaba que cada nación se especializa na exportación dos bens nos que está mellor dotada desde o punto de vista dos factores de produción utilizados.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Bertil_Ohlin&oldid=5118535"