Blanca Fernández Ochoa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Blanca Fernández Ochoa
Blanca Fernández Ochoa.jpg
Nome completoBlanca Nieves Fernández Ochoa
Nacemento22 de abril de 1963
 Madrid
Falecementoc. agosto de 2019
 Cercedilla
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónesquiadora alpina
IrmánsFrancisco Fernández Ochoa
PremiosMedalla de Oro de la Real Orden del Mérito Deportivo
editar datos en Wikidata ]

Blanca Nieves Fernández Ochoa, nada en Madrid o 22 de abril de 1963 e finada en Cercedilla en 2019, foi unha deportista española, destacada no esquí alpino. Era irmá do tamén esquiador Francisco Fernández Ochoa (1950-2006).

Foi a primeira muller española en conseguir unha medalla olímpica nuns Xogos Olímpicos de Inverno, concretamente a de bronce no slálom nos Xogos Olímpicos de Albertville 1992.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Blanca foi a primeira filla que tivo o matrimonio formado por Dolores Ochoa e Francisco Fernández despois de cinco fillos homes. Naceu en Madrid cando a súa familia vivía no barrio de Carabanchel, pero axiña se trasladou cos seus pais e irmáns ao Porto de Navacerrada, que daquela contaba cunha poboación permanente moi reducida. Alí a súa infancia transcorreu en liberdade e en plena natureza entrando en contacto coa neve que cubría o porto durante case a metade do ano.

Con 11 anos e debido en gran parte ó éxito do seu irmán maior Paco (campión olímpico), Blanca trasladouse a un centro de adestramento con internado para deportistas de inverno en Vielha, no Pireneo de Lleida. Posteriormente uníronselle outros dos seus sete irmáns.

O 18 de xullo de 1991, con 28 anos de idade, contraeu matrimonio no Mosteiro do Escorial co italiano Danielle Fioretto, ó que coñecera con só 14 anos de idade cando esquiaba en Suíza. Acabaron divorciándose e contraeu segundo matrimonio con David Fresneda, con quen tivo dous fillos, David e Olivia, aínda que a unión tamén terminou en divorcio.

Participou como concursante en diversos programas de telerrealidade, como Supervivientes de Antena 3, El conquistador del Aconcagua, El conquistador del fin del mundo, ámbolos dous de EITB, e Splash! Famosos al agua de Antena 3 Televisión. Dende 2007 comezou a participar na empresa StarDreams, integrada por deportistas como Antonio Maceda, Julio Salinas, Albert Ferrer, Almudena Cid, Estela Giménez, Gervasio Deferr, Martín Fiz, Amaya Valdemoro, Fernando Romay ou Xavi Torres e dedicada principalmente ó asesoramento a directivos e executivos na mellora do rendemento laboral.[1][2]

O 24 de agosto de 2019 foi vista por última vez, sendo denunciada a súa desaparición días despois, que deu inicio á uns traballos de busca sen precedentes na historia da Comunidade de Madrid.[3] O seu corpo foi atopado preto do pico La Peñota, na contorna de Cercedilla, o 4 de setembro de 2019.[4]

Palmarés[editar | editar a fonte]

Xogos Olímpicos[editar | editar a fonte]

Copa do Mundo[editar | editar a fonte]

  • Mellor clasificación final: 4ª en 1988.
  • Catro vitorias:
Data Lugar País Disciplina
3 de marzo de 1985 Vail Flag of the United States.svg Estados Unidos Eslalon xigante
26 de novembro de 1987 Sestriere Italia Italia Eslalon
22 de decembro de 1990 Morzine Francia Francia Eslalon
1 de decembro de 1991 Lech am Arlberg Austria Austria Eslalon

Premios e recoñecementos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. elmundodeportivo.es, ed. (21 de maio de 2007). "Edición del lunes, 21 de mayo de 2007, página 15 - Hemeroteca - elmundodeportivo.es". Consultado o 22 de abril de 2010. 
  2. nexotur.com, ed. (2 de abril de 2009). "StarDreams ofrece la experiencia de los deportistas de élite para el mercado de conferencias de valor añadido". Consultado o 22 de abril de 2010. 
  3. Telemadrid (2 de setembro de 2019). "La búsqueda de Blanca Fernández Ochoa, el mayor despliegue en la Comunidad de Madrid". 
  4. "Encuentran el cadáver de Blanca Fernández Ochoa". El Mundo. 2019-09-04. Consultado o 2019-09-04. 
  5. csd.gob.es (ed.). "Histórico de premiados nos Premios Nacionais do Deporte". Arquivado dende o orixinal o 8 de outubro de 2015. Consultado o 30 de novembro de 2015. 
  6. mundodeportivo.com, ed. (22 de decembro de 1994). "El deporte español premia a todos sus héroes" (PDF). Consultado o 23 de xaneiro de 2017. 
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Blanca_Fernández_Ochoa&oldid=5246516"